Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Conservas Alfageme

Vaia a miña solidariedade toda cos traballadores da conserveira Alfageme, que levan varios meses sen cobrar e aínda ninguén lles dixo o que vai pasar cunha empresa que foi punteira no tecido industrial galego e está a ir a pique por mor dunha mala, malísima, xestión dos seus actuais propietarios, a familia Lago, que aínda por riba recibiron diñeiro das autoridades.

Seica detrás da mala xestión se atopa un escuro interese inmobiliario por vender os valiosos terreos onde as súas factorías se asentan, especialmente na cidade de Vigo.

Viva a loita dos traballadores de Alfageme!

Votade acerca da saída da familia Lago da empresa aquí.
Comentarios (8) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 13-01-2010 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Cando era pequena fun coa miña escola a visitar esta conserveira e nunca esquecín a experiencia. Foi moi interesante ver todo o proceso e aínda "conservo" as lemb#blgtk08#ranzas intactas dos pasos que ían dando. Xa votei na páxina que aportas e de verdade espero que non teñan que pechar unha empresa coma esta, nin ningunha outra...
Comentario por Eva Lozano (13-01-2010 19:00)
2 Não conheço o caso, mas, se é como diz Xesús,uma má gestão de seus atuais proprietários e se eles estão pensando em encher seus bolsos e deixar #blgtk08#trabalhadores sem trabalho e sem pagamentos, então,estou do lado dos trabalhadores e, se ajudar, já deixei meu voto pela saída da Familia Lago.
Comentario por Solange Couto (13-01-2010 21:08)
3 Xa sabemos que "o avó funda, o fillo mantén e o neto estraga", pena que o dito popular teña a razón unha vez máis.
Como é que se conceden unha beca ou calquera outra subvención a unha asociación de veciños, mulleres, cultural, etc e#blgtk08# non das conta até o derradeiro céntimo tes que devolvela e pola contra as tremendas cantidades que lle dan estas empresas (coñezo aqui algunha, ningén lles pide contas nin controla o gasto??????
A miña solidaridade con esta xente.
Comentario por E Carpente (13-01-2010 22:07)
4 Detrás do peche da empresa está a especulación inmobiliario cos terreos. Os propietarios van acabar forrados e os traballadores na rúa. Esa é a realidade. Tes razón, Eva, resulta indignante que non se controlen moito máis ás s#blgtk08#ubvencións multimillonarias ás empresas, sobre todo en determinados casos coma este de Alfageme. Sempre teñen que pagar os mesmos. Alñfageme era unha das máis grandes empresas do sector conserveiro e agora a piques de pechar!
Comentario por Xesús Constela (13-01-2010 22:54)
5 É vergoñoso a pouca difusion dada pola TVG a este feito. Unha Conserveira Galega centenaria está morrendo, 400 famili#blgtk08#as na rúa e a televisión galega falando de cousas ridículos e insignificantes.
Que futuro teñen nosos fillos?.
Comentario por quetuarmenteros (14-01-2010 18:10)
6 Sempre pasa o mesnmo. Os servizos informativos da TVG son verdadeiro lixo, e non polos profesionais que están detrás deles, dignos do mau respecto, senón pola sinistra man política que fai que adulteren a realidade para que todo semelle de co#blgtk08#r de rosa. Tes razón, quetuarmenteros. Unha empresa centenaria a morrer e unha televisión que non informa. Que intereses se agachan detrás desa desinformación? Os nosos fillos van vivir un mundo realmente hostil no que ao traballo respecta.
Comentario por Xesús Constela (14-01-2010 20:41)
7 Gracias pola solidaridade coas traballadoras e traballadores de Alfageme. Parece incomprensible que fai 2 anos era unha empresa lider en ventas nacional de conserva,a única gran conserveira que mantén as 4 fábricas en POntevedra,ningunha no exterior, xenera 4 empregos indirectos por cada un directo...ago#blgtk08#ra...a piques de morrer...non parece ter demasiada repercusión social. Increíble!!!400 familias cheas de preoucpación e incertidume. ...antes decían....España va bien"...agora parez que queren decir..." Galica va bien". Gracias Xesús,Eva, Quetuarmenteros, Solagne, E carpente e todos os que nos apoiades.
Comentario por unha empregada de Alfageme (15-01-2010 21:55)
8 De verdade que me gustaría poder facer algo máis pero non teño n#blgtk08#in idea. Vaia a miña solidariedade para as catrocentas familias.
Comentario por Xesús Constela (16-01-2010 01:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0