Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Desa Italia que dá medo
Ollade esta terríbel noticia que publica hoxe o diario El País.

O brote de violencia racial en Italia aviva o debate sobre os inmigrantes

Eles, os italianos, que emigraron coma nós polos catro cantos deste mundo, que coñeceron penurias e inxustizas, que nevegaron polos mares coma escravos...

Eles votaron un goberno que dá medo!

Dende detrás de todas esas historias cutres de sexo puro e duro na mansión de Berlusconi en Córcega, dende detrás das cirurxías estéticas e dos implantes capilares do presidente, dende detrás das súas bromas de mal gusto nos cumios europeos comeza a agromar a realidade.

E a realidade é a persecución do inmigrante, as malleiras nocturnas ao mellor estilo dos nazis, a detención dos "sen papeis"...

Esta Italia dame medo. Xa o dixen algunha vez neste recuncho virtual.

Como podemos parar esta tolemia?

Que podemos facer para deter a loucura que parece ter apreixada a Italia toda?

Comentarios (9) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 11-01-2010 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 O de Italia, tes razón, dá medo, pero que me dis do de Galicia, tamén terra de emigrantes dende sempre, onde se sente falar de xeito moi semellante cara aos inmigrantes, onde tampouco os queren, onde habendo tan poucos, comparado con outras terras, como aquí en Catalunya, xa se "botan de máis"? Iso tamén dá medo, é de mentes pechadas, de xentes que#blgtk08# esqueceron, que non queren lembrar o que lles acontecía nos outros países, onde se lles trataba igual de mal e moi poucos lograron abrirse un camiño digno. Tampouco, supoño, todos os italianos eran ricos mafiosos en América, a que non? Seguro que tamén sufriron o rexeitamento nas terras que pisaron, pero mira, tamén padecen esa noxenta amnesia...
Comentario por Eva Lozano (12-01-2010 11:16)
2 E certo que semella que hai unha amnesia bastante profunda, mais eles tamén podian facer algun esforzo por integrarse, non me parece ben que teñamos a obriga de respectar as costumes e tradicións deles sen poder agardar outro tanto pola sua parte. Non son relixiosa, pero non creo que se deba esquecer o Nadal só por non molesta#blgtk08#los, ou consentir caras tapadas, ou adaptar as dietas dos colexios. Un vello dito árabe di "donde fueres haz lo que vieres", ainda que últimamente poiden ler a primeira parte do dito: "si tu vida peligra... donde fueres haz lo que vieres". Penso que se eles foran un pouco menos fundamentalistas todo había ser algo máis cómodo.
Comentario por E Carpente (12-01-2010 15:06)
3 Pois eu sigo pensando que a eles xa lles custa bastante adaptarse a nós, vivir tan lonxe das súas terras nunha terra estraña, e os cambios que se nos piden a nós non son en absoluto tan complicados: tamén fan dietas para todo tipo de nenos nas escolas, non vén de facer unha máis, e o Nadal celébrase igual, unicamente se pide volver un pouco aos comezos, facer do Nadal unha festa "un chisquiño" máis pagana, que a fin de contas vivimos nunha sociedade laica. O Nadal sempre será igual, e a xente fará pesebres nas casas, iso ninguén o prohíbe. Coido que ás veces botamos as mans á cabeza por cuestións bastante insignificantes, por un pano na cabeza, que non molesta a ninguén... Xa sei que ti o dis sobre todo polo trato ás mulleres, pero esa é outra cuestión. A integración social ten que vir polas dúas bandas, para enriquecernos, para pluralizar a sociedade, para que os nosos nenos aprendan a convivir con outras culturas e facer unha nova, máis rica (xa ves#blgtk08# a túa neta como ensina catalán aos que chegan á súa clase, como eles lle ensinan francés, como aprende dia a dia dos seus costumes. Xa nos gustaría a todos ter tido esa oportunidade...) Seguro que as novas xeracións non terán estes problemas, como pasa en Inglaterra, onde esta inmigración chegou hai moitísimos anos e hoxe en día é o máis normal do mundo, sendo todos iguais, porque ademais os que hai hoxe xa naceron alá, como aquí en Catalunya temos cataláns de todas as razas e culturas, nacidos aquí. Aínda así tamén hai moita xente que non os quere. Eu penso que hai de todo en todas partes. Outra crítica, semellante á que sinalas, é a cuestión dos organismos que os axudan. A min encántame que os axuden, e se algún de aquí non se sente axudado estando nas mesmas ou peores circunstancias, como pasa ás veces, ten que queixarse onde sexa, e pedir o que lle corresponde, pero non intentar quitarlle ao que recibe, que unha cousa non ten que ver coa outra...
Comentario por Eva Lozano (12-01-2010 17:09)
4 Non quero copar este blog, máis teño que decir que xa sabes que non lles quero mal, e que teño feito cousas por xente con costumes e razas distintas que me teñen dado ben de problemas. Só pido que tal como veñen traten de adaptarse, -que non o fan- non teñen interese, a meirande parte deles, aprenden o idioma por que lles é imprescincible. Teñen dereito á sanidade, que a reciban como a recibimos nos, teñen dereito á educación, que a reciban coma nós. Paréceche ben que cando unha nena ten 12 ou 13 anos a leven da escola para a c#blgtk08#asaren cun home de 40 que tan siquiera coñece?, é precisamente por este motivo como ben adiviñas, en fin, non quería formar lea, pero é bo o debate, tódolos dereitos, si, pero que cumpran os requisitos como temos que cumplilos os que queremos acceder as axudas, que desgraciadamente hai moita necesidade. Xa sabes que para nada son racista, por ese motivo, que os vexo persoas coma min ou coma ti, quero que se integren. Coñecemos un caso aquí, sábelo ben, que non mellorou malia os anos que leva vivindo aquí, e non é un só, xa non.
Comentario por E Carpente (12-01-2010 18:53)
5 Teño ben claro que tes razóns para pensar así, que o teu non é racismo en absoluto e que o que máis te preocupa son os dereitos das mulleres e a igualdade social. Xa o sabes, o bo é debater, e ninguén ten a razón, de feito, sei que pensas moi coma min, igual que eu coma ti, e #blgtk08#que estas cuestións son moi complicadas e sempre dependen de moitos matices e cada caso é diferente do outro. A ver que pensan Xesús, Solange, e quenqueira que pase por aquí, pero o que debe quedar ben claro é que aquí todos estamos a favor da inmigración, diso non hai dúbida!
Comentario por Eva Lozano (12-01-2010 19:29)
6 Bom Eva, penso que o país em que nascemos, deveria nos dar condições de viver dignamente, sem precisar sair para outros, em busca de meios para sobreviver. Penso que as pessoas, não deveriam de se iludir,achando que vão ganhar muito dinheiro ou que vão sair da miséria,pois a realidade nos mostra todos os dias,que a vida de boa parte dos imigrantes,são de rejeição, de descaso,de faltas de oportunidades e condições sub-humanas.Infelizmente estes imigrantes africanos, citados na matéria,são cidadãos que sentem fome,não tem o que c#blgtk08#omer e veem várias pessoas morrerem diariamente pela miséria e se sujeitam a fazer coisas que os cidadãos comuns não querem fazer e quando conseguem fugir da
exploração,reivindicam condições dignas para viver neste país que entraram ilegalmente.
Penso que a partir do momento, que estão vivendo em outro país,devem ser seguidas e respeitadas todas as normas e leis que todos os outros cidadãos natos seguem.
Não sou contra a imigração, mas sou a favor de oportunidades iguais para todos,imigrantes ou não.
Comentario por Solange Couto (13-01-2010 00:10)
7 Tes toda a razón, o problema é de base: cada país debería darlle aos seus habitantes o que necesitan, o mundo debería ser máis xusto e sen ta#blgtk08#ntas diferenzas entre uns países e outros. Tes razón en que a maior parte das veces chegan aquí e non atopan o que pensaban, nin de lonxe...
Comentario por Eva Lozano (13-01-2010 11:57)
8 Os vosos debates non fan máis ca enriquecer este blog. Grazas. Foi Solange quen deu no cravo. O problema é realmente de base. Se non houbese fame e pobreza non habería necesidade de emigrar a ningures èro témome que a solución non é para nada doada. Se falamos dos costumes e hábitos de vida doulle en gran parte a razón a Eva Carpente niso de facer o que se ve no lugar a onde se vai. A nosa é unha sociedade que por fortuna avanzou moito xa dende os tempos da Revolución Francesa (que xa é tempo) e custou moito traballo comnseguir todo canto se conseguiu (e aínda falta moito) mentres que sobre todo asociedade musulmana ficou na Idade Media mesmo en países (o caso dos Emiratos Árabes, por exemplo) que se atopan entre os máis prósperos do planeta, onde de xeito moi interesado para occidente (o petróleo) a sociedade sigue a vivir en estamentos e castes, a relixión ocupa un lugar excesivamente importante, e a muller é un verdadeiroi cero á esquerda, algo que de ningún xeito é tolerábel. Nisto supoño que todos estamos de acordo. Non podemos deixar que polo feito de ser musulmana unha rapaza se vexa obrigada a casar cun home de corenta anos (ou dezaoito tanto me ten) porque iso é unha aberración e anosa civilización (non me gusta moito esta palabra) ten que ter ferramenbtas legais para impedilo. O caso de Italia que eu mencionaba é a exaltación da xenofobia e do racismo até límites intolerábeis. Canddo digo que dá medo é porque levpo tempo a observar que os italianos están nunha deriva estremodereitosa que lembra moito aos comezos do nazismo, cando por ser xudeo#blgtk08# en Alemania ou Austria levabas unha tunda ou mesmo chegabas a ser asasinado. Somos pobos de emigrantes, os italianos, os irlandeses, os polacos e nós e deberiamos ter unha sensibilidade hacia o problema. Eu mesmo, a primeira vez que visitei o Reino Unido hai a frioleira de trinta anos houben ensinar na fronteira o meu billete de volta e o diñeiro que levaba para que me deixasen entrar no país e coñezo varios casos de deportados. Non é o mesmo tampouco o trato que reciben os marroquinos no aeroporto de Barajas que o que trecibimos nós (o setembro paso cheguei alí dende Marrakech e puiden comprobalo) quizais por temas de drogas e iso. Ou quizais simplemente polos cartos. Os árabes ricachos que deambulan coas súas mulleres tapadas dos pés á cabeza polo aeroporto de Viena, onde está a sede da OPEP, non teñen problema ningún nos pasos fronteirizos. As mulleres non deben de ir tapadas dese xeito baixo ningún concepto e se é por tema relixioso menos aínda. As nosas sociedades necesitan un baño de laicismo e as musulmanas aínda máis. E xa non quero nin pensar en mutiulacións xenitais e cousas desas! Lrembro un libro moi bo: "A xungla", de Upton Sinclair, que narra as pésimas condicións de vida dos traballadores do este de europa nos matadoiros de carne americanos nos anos trinte e corenta (creo). Iso faime lembrar o caso do sul de Italia, unha sociedade empodrecida polas mafias onde os inmigrantes anadan agachados porque reciben constantes agresións co beneplácito das autoridades da tan católica Roma. Que ben lle viña a Italia un bo baño de laicismo, por certo.
Comentario por Xesús Constela (13-01-2010 18:38)
9 Totalmente de acordo, #blgtk08#tristemente de acordo.
Comentario por E Carpente (13-01-2010 21:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0