Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Fuxan os Ventos: O carro
Canto lle debemos nas nosas vidas a Fuxan os Ventos!

Cantos intres de ledicia e de loita compartida, cantos intres de amizade e de canto arredor do viño e a queimada cando aínda nos sentiamos quen de cambiar o destino do mundo!

Cantos momentos que viñeron de volta á miña mente ese pasado día de Reis cando entre os agasallos a pé da lareira atopei con grata sorpresa o disco/DVD Terra de Soños, de onde tiro este video que vos achego:

Non canta na chá ninguén, por iso meu carro canta!

Vaia unha débeda que teño na vida coa música de Fuxan os Ventos!

Comentarios (8) - Categoría: Sala de música - Publicado o 10-01-2010 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1
Não imaginas como fiquei surpresa também com este video e passei neste momento, a compartilhar com você, este passado que s#blgtk08#e faz presente diante de meus olhos.
Que bom reviver estes momentos de lutas, de amizades e da vontade de mudar o mundo...
Comentario por Solange Couto (10-01-2010 20:41)
2 Alégrome de verdade de que esta canción enchera tamén a túa cabeza de lembranzas gratas como me aconteceu a min. Cada ve#blgtk08#z que a escoito mergúllome nun remuíño de sensacións que saen de cada recuncho da miña mente. Bravo por Fuxan os Ventos!
Comentario por Xesús Constela (10-01-2010 21:01)
3 Antes de nada, Solange, que envexa me dás con esas calores que tes por alá. Eu non podo saír da casa coa neve, así que imaxina... Moi bonita, si... Pero que xeito de fastidiar a mera oportunidade de coller o coche!
Por outra banda, que marabilla#blgtk08# Fuxan os Ventos, e Milladoiro, por suposto, que me traen os dous as mesmas lembranzas, non de loitas, que aínda era pequena, pero si de cantar e sentirme máis galega que nunca. Graciñas por traérnoslas de volta, e aos teus reis por ter tanto acerto!
Comentario por Eva Lozano (11-01-2010 12:16)
4 Sorpréndeme esta capacidade de lograr unha memoria compartida con persoas de diferentes lugares, idades, e opinións. Certo que a música é unha fala universal, pero tal diversidade que propós e tal afinidade que se ve nos comentarios...
Fuxan os Vent#blgtk08#os e Milladoiro andaba no meu coche, de ahí mamaron as miñas fillas nos longos viaxes que tiñamos que facer. Sí que naquel tempo tamén estaba a música reivindicativa suramericana e as baladas de Perales, Mocedades, Joe Cocker... pero ti como é que o sabes?
Comentario por E Carpente (11-01-2010 15:51)
5 Estive uma época de minha vida,há pelo menos uns 30 anos atrás, em Galicia, vivi por lá, pelo menos 1 ano e neste meio tempo, está era uma das variadas músicas que se ouvia, entre outras é claro, as quais ouviamos eu e grandes #blgtk08#amigos que fiz em minha passagem por España.Tenho familia por aí,sou galega de sangue e tenho a cidadania espanhola. Se não vivesse aqui, com certeza Galicia seria minha segunda opção. Portanto, tenho muitas boas lembranças...
Comentario por Solange Couto (11-01-2010 16:14)
6 Insisto, entón, veña un bo grolo pola amizade transoceánica a carón da neve e á beira da praia. Cointreau, como dicía Eva C#blgtk08#arpente, cervexa, como prupuña Solange... Eva Lozano e eu tomaremos o que teñamos a man, que tal unha copiña de augardente?
Comentario por Xesús Constela (11-01-2010 21:26)
7 Ai, non, augardente non, que non podo tragala... Iso si, esa nova "crema de orujo" que xa chegou a Catalunya está de medo, e tamén é ben galega! Pero eu seguiríache cos gin tonics, non si? A ver se nos dan sorte coa tradución do Shakespeare destilado!
#blgtk08#/> Que bonito é, éche ben certo, que poidamos comunicarnos tamén con Solange, tan cerca e tan lonxe...
Mamá: graciñas por amosarme a boa música dende ben nena! Nunca esquecerei aquelas viaxes, tan semellantes ás que teño que facer hoxe, por certo!
Comentario por Eva Lozano (12-01-2010 11:09)
8 pois que sexa crema de orujo, entón.#blgtk08# Ou gin tonic, tes razón, que carai!
Comentario por Xesús Constela (13-01-2010 18:41)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0