Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

No Berlusconi Day

A proposta de moitas organizacións cidadás italianas hoxe é o Día Internacional contra Silvio Berlusconi, Primeiro Ministro de Italia, logo de que un capo da Cosa Nostra denunciase as súas vinculacións coa Mafia siciliana.

Únense a esta denuncia persoeiros da talla do meu admirado xornalista Roberto Saviano, de indudábel e recoñecida traxectoria contra as organizacións mafiosas italianas.

Non a Berlusconi, berremos tamén dende aquí.

Non a un individuo que ri da lei, que se mofa das máis altas institucións tanto do seu propio país como europeas e que ten comportamentos verdadeiramente racistas e autoritarios que de xeito constante fan lembrar o fascismo de Mussolini.

Achégovos un video da campaña desenvolvida estes días en Italia para apoiar as manifestacións anti Berlusconi que se van levar acabo na xornada de hoxe polo mundo enteiro.



Non podemos maís... Hai alguén no noso país que nos fai avergoñar día tras día... Basta! Non podemos permitilo!... Digamos non a quen aofende a xustiza... Hoxe 5 de decembro pedimos a súa DIMISIÓN!

Comentarios (2) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 05-12-2009 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Únome á iniciativa sen ningunha dúbida. Pedazo de machista vergoñento e noxento! Un bo documental sobre o tema que se podedes tedes que ver: "Viva Zapatero":
http://www.youtube.com/view_play_list?p=337BA4C9C204AF5C&search_query=viva+zapatero
Eu collino na biblioteca de aquí e gustoume moito. Por certo, que o pasado setembro censuraron en Italia outro tamén sobre o te#blgtk08#ma (Berlusconi e a tele) chamado "Videocracy" que Canal+ comprou e non sei se o puxeron xa ou non, pero supoño que cando o teñan doblado tamén aparecerá no YouTube.
É terrible o que teñen que pasar cun presidente tan horroroso e á vez tan poderoso como para zafarse de todo o que lle botan enriba. Pois claro que ten "contactos" senón, de que!
BERLUSCONI DIMISIÓN XA!!!
Comentario por Eva Lozano (05-12-2009 16:00)
2 A min é un dipo que me dá medo. OIs italianos, a inmensa maioría, vótano como aquí algún día en marbella rían as grazas daquel personaxe, J#blgtk08#esús Gil, que afortunadamente nunca chegou a presentarse ás elewccións xerais porque de seguro que algo sacaba. Como pode haber xente así?
Comentario por Xesús Constela (05-12-2009 18:45)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0