Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Lume para todos

Lume para todos os corazóns magoados en meduio destes temporais de invernos que nos azoutan.

Lume que de a calor da ledicia e a luz que alumea o camiño para que marche a tristura.

Lume para todos os corpos fríos.

Lume para quentar o pensamento e a ollada.

Lume para abrir un oco de ceo entre as nubes.

Lume para pasar a noite sen a friaxe da humidade en todos os recunchos das casas.

Lume para sacudir a saudade toda das almas!


Comentarios (4) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 30-11-2009 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Fermoso lume que hipnotiza e atrapa mentres quenta o corpiño. É máxico, esp#blgtk08#ecial, son os oríxenes, o elemento, a pureza... Graciñas por esta fogueira!
Comentario por Eva Lozano (01-12-2009 11:32)
2 As noites mais máxicas teñen relación con unha cacharela, máis ou menos grande, pero tes razón en que o lume quenta, purifica, acompaña...

6, 7, 8 anos, na lareira e a aboa contando contos (algún arrepiante)
15 anos, unha noite de San Xo#blgtk08#an en Pontedeume, moi máxica e moi romántica.
16 anos, a primeira acampada en Ladeira, longa noite, inolvidable. Agora chégame un magosto coa familia, una candea no medio da mesa un sábado calquera e desde logo as tortas de aniversario dos meus netos.
Comentario por Eva Carpente (01-12-2009 19:19)
3 Que enxebre o dos contos na lareira! Que sorte poder vivir esas cousas, que inevitablemente se van perdendo cos anos...
Ai, ese#blgtk08#s quince anos, quen os pillara! Eu tamén tiven os meus quince anos nos veráns de Pontedeume, por certo, naqueles xardíns do Torreón...
Comentario por Eva Lozano (01-12-2009 19:41)
4 Tedes razón. O lume está máis presente nas nosas vidas doq ue puideramos imaxinar. Se pensades un pouco hai lapas, lume e fume en cada unha das nosas lembranzas. Eu tampouco vivín os contos arredor da lareira pero teño #blgtk08#restado moitas noites pretiño do lume dunha. E tamén asei chourizos de acampada de mozo en moitos lugares, mesmo en parís! E agora o lume preside as noites da miña casa. Por iso onte decidín escribir isto Por ese lume.
Comentario por Xesús Constela (01-12-2009 21:35)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0