Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Macbeth de Shakespeare
Estou a ler Macbeth de William Shakespeare e pódovos asegurar que estou abraiado pola forza inabarcábel da linguaxe.

Macbeth é a historia dunha gran ambición, dun home que non dubida en matar a calquera que se lle poña por diante para conseguir ser rei de Escocia. E mata alentado pola súa esposa, Lady Macbeth, un verdadeiro cúmulo de maldade.

Cantos Macbeths andan soltos polo mundo, e cantas Lady Macbeths, que non dubidan en arrasar todo canto atopan ao seu paso co único obxectivo de conseguir o que pretenden!

Sei de xente que pisotea dereitos mesmo en cousas pequeniñas da vida cotiá, xente que empurra aos demais para chegar primeiro.

Mesmo algo de Lady Macbeth hai na señora que pasa por diante de todo o mundo na cola da carnicería sen agardar o seu turno!

Se levamos esta idea ao comportamento de moitos dirixentes políticos comprenderemos o mundo un chisco máis.

Canta razón levaba William Shakespeare!

Identifiquemos os macbeths que nos rodean!

Denunciémolos!
Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 26-11-2009 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Aos macbeths cotiáns máis ben os evito, que fagan a súa vida, polo xeral moi miserable, porque evidentemente cada un ten o que merece. Aos políticos votámolos, e pouco podemos facer os que intentamos votar non-corrupto#blgtk08# se despois gañan os outros. A tragar, e a agardar tempos mellores. Iso si, semella que ultimamente a xustiza vai dando máis caña aos delincuentes que sentan nos concellos, así que a ver se pouco acaban con todos eles.
Comentario por Eva Lozano (26-11-2009 16:06)
2 Fagamos un conxuro contra os macbeths cotiáns, exorcicémolos coma fan as bruxas da traxedia#blgtk08# de Shakespeare, que non dean nin un paso maís para atacar os nosos castelos e queimalos...
Comentario por Xesús Constela (26-11-2009 18:08)
3 De boa gana quero estar nese conxuro e vetar a todos os corruptos que fan da politica o que non debe ser, un negocio particular sen#blgtk08# inversión, sen riscos económicos, que dos outros parece que cada vez máis van caendo, e que sigan asi, veña un grolo por esa idea.
Comentario por E Carpente (29-11-2009 20:53)
4 Convidada queda#blgtk08#s a participar
Comentario por Xesús Constela (01-12-2009 23:15)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0