Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Un pequeno punto azul pálido
Ando estes días a me plantexar que pouquiña cousa somos e canto tempo malgastamos en parvadas variadas, en enlearnos uns contra dos outros, en molestar, fastidiar, ferir, asoballar...

E atopei este vídeo na rede.

Trátase dun fermoso texto de Carl Sagan escrito con motivo da fotografía que a sonda Voyager 1 tomou do noso planeta pouco antes de abandonar o Sistema Solar: un pálido punto azul.

Comparto completamente o seu significado.

Non somos máis ca iso, un pequeno punto azul pálido envolto pola inmensidade agarimosa do universo...

Comentarios (2) - Categoría: Alfaias en video - Publicado o 25-11-2009 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Carl Sagan marcou a miña infancia con aquel excelente programa: Cosmos, no que explicaba as cousas máis complicadas coas palabras máis sinxelas. Era un grande que marchou demasiado cedo... Era un home sabio, unha gran persoa. Ten moita razón no que di, non hai razón para tanto sufrimento. O único xeito de ser feliz, cientificamente falando, é xenerando serotonina, endorfinas... Estas só se poden xenerar a #blgtk08#través de bos pensamentos, sentimentos e accións (amor, empatía, saúde, deporte...) Así que se queremos vivir unha vida plena temos que afastar de nós todos os sentimentos negativos. Por outra banda, gustaríame apuntar que como todo nesta vida podemos ver a cuestión que plantexas dende os dous extremos: somos un punto enano no universo, ou somos o universo enteiro? Nada existe se nós nos existimos, non é?
Comentario por Eva Lozano (25-11-2009 19:00)
2 Boa perspectiva esa do punto enteiro, Eva. Eu tiña un mestre de primaria que dicía que a terra é unha cagadiña de mosca nunha saba. E sempre que vexo as cagadas das moscas nas paredes e no te#blgtk08#ito da miña casa no verán lémbrome del. Pero claro, para unha mosca iso debe de ser moi grande. No que toca ás endorfinas, empecemos xa a liberalas e enchamos a atmosfera de cousas positivas!
Comentario por Xesús Constela (26-11-2009 13:15)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0