Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

As lagoas salgadas do mundo

As lagoas salgadas do mundo, as lagoas todas, cheíñas como están de auga e de sal, non naceron da chuvia, non, que naceron do noso chorar.

Naceron das bágoas todas, das saen polos ollos no pranto e das que agardan dentro do corpo, cristalizadas en mágoas que non poden escapar.

Derrétense entón pouquiño a pouco, moi devagar, até se transformar nese berro angustiado que unha vez ou dúas na vida nos cómpre botar.

Entón as bágoas corren en regueiro todas, invisibles, case sempre, ao noso ollar.

Baixan abas de montañas, cruzan estradas, saltan ríos e camiños día e noite e noite e día, sen cesar.

As lagoas salgadas do mundo, as lagoas todas, cheíñas como están de auga e de sal, non naceron da chuvia, non, que naceron do noso chorar.
Comentarios (6) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 23-11-2009 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Que fermoso, Xesús. Lembroume a aquela canción de Maná na que din: "te lloré todo un mar". O pranto é unha fermo#blgtk08#sa catarse que comeza na angustia e acaba na paz total: non é malo, por tanto, é bo e necesario, claro que si...
Comentario por Eva Lozano (23-11-2009 21:37)
2 E como conter uma lágrima cristalizada que se derrete pouco a pouco?
Elas escapam! Abrem o noss#blgtk08#o peito e dão passagem a uma enxurrada...E é bom que elas escapem, porque limpam a nossa alma.
Comentario por Solange Couto (24-11-2009 00:11)
3 Moi ben, Solange: serven para limpar, porque é auga que corre... Aí está a clave, por iso limpan a alma: que ben! Eu ch#blgtk08#oro ata cos anuncios da tele, así que debo de ter a alma ben limpa...
Un groliño polas bágoas que limpan a alma!
Comentario por Eva Lozano (24-11-2009 00:22)
4 Eva,você me fez rir!
Acho que a minh#blgtk08#a também está limpa!!
Un grolo sim!
Comentario por Solange Couto (24-11-2009 17:30)
5 Qué bo é que a natureza dera ao xénero humano a posibilidade de chorar!. As bágoas son a menciña que cura a dor da alma, é bo chorar cando se sente necesidade; chorar de pena, chorar de rabia, chorar de alegría, e como non, chorar de risa. O mellor que lle pode pasar a alguén é nacer, e nacemos chorando. Si que logo chórase moito e por moitas causas, pero sempre #blgtk08#queda a esperanza de logo rir, de ver a vida pasar e tras de perdas durísimas chegan seres que nos dan tanta ledicia... dígo esto por propia experiencia. Lagoas enteiras de bágoas salgadas que co tempo mudan en regatos de auga limpa e doce que refresca os ánimos e os corazóns lastimados, que limpa os cristais das ventás da alma, o que lle da á vida unha nova luz.
Comentario por E Carpente (24-11-2009 18:57)
6 Todos de acordo, entón: nada como un bo pranto para refrescar a alma e facela pas#blgtk08#ar por unha boa sesión de limpeza. Un grolo polo pranto e o seu poder de catarse!
Comentario por Xesús Constela (24-11-2009 20:07)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0