Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Premios Cunca das Artes
No día e hoxe ás 20:00 horas terei a honra de recoller na cidade de Santiago un dos premios Cunca das Artes que cada ano entrega a Asociación de Amizade e das Artes Galego Portuguesa.

Terei a dobre honra de recollelo xunto a Lois Diéguez, galardoados como seremos os dous no apartado de Letras.

Outros galardoados serán:
Mago Romarís e Quico Cadaval no apartado de Artes Escénicas,

Uxía Senlle e Abe Rábade no de Música,

Xulio Maside e Emilio Celeiro no de Artes Plásticas,

Pablo Seoane e Roberto Vidal Bolaño a título póstumo,

A Asociación de Empresarios Polígono do Tambre e Juan Mirás como Asociacións

e as Asociacións Alexandre Bóveda e Música na Noite no apartado de Asociacións.

Logo da entrega das Cuncas das Artes compartiremos cea na cidade de Santiago.

Dende aquí quixera amosar o meu agardecemento a todos os membros da Asociación da Amizade e das Artes Galego Portuguesa e os meus parabéns a todos os galardoados.

Veña un grolo!

Comentarios (6) - Categoría: De literatura - Publicado o 20-11-2009 17:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Parabéns, Xesús, por un premio tan merecido. Alégrome moitísimo e espero que o pasedes moi ben hoxe na cerimonia, e sobre todo na posterior cea.
#blgtk08#Hoxe farei un grolo por ti e polo teu premio, que eu tamén vou de cea, aquí na aldea, como cada venres e sábado. Así que os grolos de hoxe van por ti!!!
Comentario por Eva Lozano (20-11-2009 19:03)
2 Grazas mil, Eva. #blgtk08#De todo corazón.
Comentario por Xesús Constela (21-11-2009 11:17)
3 Tamén eu quero darche os meus parabéns por este premio que non dubido que mereces, e moito. Alégrome de que volvas, botám#blgtk08#oste de menos, xa sei que soa un pouco egoista pola miña parte, pero ese é o caso. Ben pola tua volta e ¡veña ese grolo!
Comentario por E Carpente (22-11-2009 13:41)
4 Parabéns por mais uma conquista!
Os reconhecimentos e os méritos engrandecem muito as pessoas.Espero que você traga #blgtk08#sempre muitos beneficíos para a sua gente e para o seu povo.
Sucesso e muitas felicidades.
Un grolo por ti.
Comentario por Solange Couto (22-11-2009 14:14)
5 Os que sodes verdadeiramente grandes sodes os que parti#blgtk08#cipades a diario neste meu blog. Veña un grolo por vós!
Comentario por Xesús Constela (22-11-2009 23:21)
6 Felicidades a todos#blgtk08# os galardoados !!!
Comentario por Mago (21-04-2010 23:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0