Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da trama Gürtel na casa
Inauguro categoría coa traída e levada trama Gürtel da que tanto se fala dende hai uns meses porque non podo ficar calado.

Hoxe resulta que o mal cheiro das cloacas do PP chegou a onda nós e mesmo Núñez Feijóo viuse na obriga de facer unhas declaracións.

Polo visto o PP de Galicia está pringado.

Vaia unha sorpresa iso de que os pepeiros de nós teñen contas segredas. Dáme a risa. É segreda acaso toda a montaxe que teñen nas Deputacións onde gobernan (afortunadamente só dúas: Ponevedra e Ourense)? Ou é vox pópuli que todo o seu oder estábaseado en cartos e subvencións?

Que clase de fiscalía temosen Galicia que nunca investiga nada cando dos pepeiros se trata?

Alégrome de que por fin saian á luz as contas do PP.

E e paso, por favor, que alguén investigue como funcionou aquela trama doslumes que asolaron a Terra no primeiro verán de goberno do bipartito, que non se investigou nada.
Comentarios (7) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 28-09-2009 21:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Corrupción sempre tivemos, e coido que mentres non leven as contas robots sen intereses os políticos se aproveitarán todo o que poidan dos cartos que lles pasan polas mans. O que fastidia é cando os que o#blgtk08# fan son os primeiros en criticar ao outro, que só miramos para o veciño e moi pouco para nós... E logo hai crises e historias, e recortes por aquí e por alá, e subidas dos prezos e impostos. Vaia mundo.
Comentario por Eva Lozano (29-09-2009 08:23)
2 A idea dos robots é boa, pero non será posible, creo que sendo algún humano quen teña que tomar a decisión de porlle as contas n#blgtk08#a man....
As contabilidades dos concellos estarían ao día e non coma aquí que ainda están a ver si aproban as de 2005
Comentario por E Carpente (29-09-2009 12:27)
3 Poiis eu alégrome de que saian os trapos sucios á luz para escarnio dos ladróns! Hai que levantar as alfombras para que se vexa amerda que teñen debaixo. #blgtk08#Así, en xeral. Que o PP ten moitas cousas que agachar, que levan anos a facer o que lles peta, que pensan que isto é seu por mandato divino e xa está ben!
Comentario por xesusconstela (29-09-2009 12:47)
4 Paréceme unha ira xusta a tua, Xesús.
Caia quen caia, eu tamén disfruto con que saian a luz tódalas trampas que levan feito, creo que conservan ese carácter de caciques que desgrazadamente poiden comprobar en xente que se di de esquerdas, pero creo que sempre os estremos son malos, moi malos.
Ogallá non ande loxe a hora na que a esta panda de pepeiros se l#blgtk08#le vexan os fondos. Tes moita razón en querer que se investigue aquela nefasta ola de incendios, o alcalde dun concello cercano ao meu dixo pola radio que non contratara o persoal para incendios porque se lle pedía como requisito que tivera o certificado de iniciacion ao galego!!!!!!!, ese ano queimouse toda a zona arredor dese concello na veira do Miño, triste, triste.
Comentario por E Carpente (29-09-2009 13:17)
5 #blgtk08#
Comentario por Eva Lozano (29-09-2009 16:49)
6 Eu o que non acabo de entender é por que a xustiza non mete a man, porque non temos moitos Garzóns por Galicia procesando, por exemplo a ese indesexable que non contratou persoal polo tema do galego, e milló#blgtk08#ns de cousas máis que existen "tapadiñas" en cada concello. Aínda que agora estean co caso Gürtel iso non é nada comparado con todo o que hai que destapar en Galicia, que o que non "resbala" "escurriega"...
Comentario por Eva Lozano (29-09-2009 16:52)
7 Supoño que se trata dun problema de amiguismos dentro da xustiza, que aqu#blgtk08#í na casa cheira arancio polos catro costados. Xa me comprendedes. Non?
Comentario por Xesús Constela (29-09-2009 19:32)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0