Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Ladaíña do tren parado
Ai do camiño do tren, que nunca se desanda.
Pero que triste o tren, que triste está!
Ai do camiño do tren, que nunca se atopa consigo mesmo.
Pero que triste o tren, que triste está!
Ai do camiño do tren que non ten comezo nin final...
Pero que triste o tren, que triste está!
O tren que ollamos ao lonxe, baixo a chuvia, non está inmóbil, non, que nunca deixa de andar.
Pero que triste o tren, que triste está!
Somos nós quen estamos parados, chantados indecisos na terra, incapaces de camiñar.
Pero que triste o tren, que triste está!
Nunca culpedes ao tren das vosas tristuras. Non o fagades, que o seu é avanzar e avanzar!
Avanzar e avanzar sen parar...
Pero que triste o tren, que triste está!

Comentarios (7) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 25-09-2009 17:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Por que triste? Que teñen os trens para q#blgtk08#ue che produzan tristura? Que curioso...
Comentario por Eva Lozano (25-09-2009 18:15)
2 Opino que o tren produce tristura porque é un dos símbolos máis importantes da primeira revolución industrial, e o máis perdurable. É a imaxe máis antiga e perdurable da "paisaxe de talleres", según a expresión de Ernst Jünger.

O romanticismo é a reacción huma#blgtk08#na a esa "paisaxe de talleres" e máis ao positivismo científico. Creo que é por iso polo que o tren produce tristura ás personas "románticas".

(A min menos porque me criei moi perto de vías e estacións, daquela para min ten moito de paisaxe-paradiso da nenez)
Comentario por Gregorovius (25-09-2009 23:09)
3 As fotos máis tristeiras que me veñen á cabeza representan centos de xudeos esfamiados e mortos de frío sendo trasladados en tren cara aos campos de concentración.
Por con#blgtk08#tra, o tren ten moito de aventura sinxela, a min gústame viaxar en tren porque me permite ler por horas enteiras, mentres cando vou en cohe non podo facelo porque me mareo moito.
Comentario por E Carpente (26-09-2009 18:24)
4 Prodúceme tristura o tren parado. Moita. Eses trens parados para sempre nunha vía no lugar máis abandonado dunha estación. Quizais era unha proxección ver aqueles trens estacionados para sempre a morrer de vello#blgtk08#s podres de óxido detrás do meu instituto en Ferrol. Quen sabe o que diría Freud se analizase isto? Moi bo o comentario de Gregorovius acerca de relación de trens e romanticismo. Véxome reflectido. Por que non?
Comentario por Xesús Constela (28-09-2009 20:49)
5 Vale, vale, xa o entendo. Os trens parados, o romanticismo dunha época que cambiou o mundo enteiro. Sabes que pasa? Que para min están cheos de historias, de esperanzas, de encontros... Pero si, tamén se pod#blgtk08#en ver como despedidas, traslados inxustos de presos, caravanas da morte, emigracións forzadas, separacións... Todo ten un lado bo e un lado malo neste mundo. Collín esta manía de mirar o lado bo, mira ti...
Comentario por Eva Lozano (29-09-2009 08:17)
6 E está moi ben iso e mirar o lado bo. Fixen marabillosas viaxes en tren: Turquía, Grecia, Escocia, París,#blgtk08# Venecia... Quizais por iso no aturo os trens parados abandonados á ferruxe nas estacións, na vía morta.
Comentario por Xesús Constela (29-09-2009 19:43)
7 My step-brother ultimately was presented the lady's Rep#blgtk08#lica handbags in the course of Affectionate nighttime.
Comentario por Replica handbags (13-07-2013 05:41)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0