Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Sharmanka Kinetic Gallery. Glasgow. Escocia

O segundo andar dun vello edificio de King Street, na cidade de escocesa de Glasgow, acolle, baixo o nome de Sharmanka Kinetic Theatre, unha colección marabillosa de dispositivos mecánicos móbiles construídos con material de refugallo por Eduard Bersudsky, un artista ruso, e a súa compañeira Tatyana Jakovskaya, que comezaron a construción do seu teatro cando vivían en San Petersburgo.

O lugar é unha verdadeira gozada que calquera dos dous artistas, Eduard ou Tatyana, vos ensinarán con verdadeiro orgullo se algún día pasades por alí.

Trátase dun local moi vello, e as sensacións que levas no corpo cando saes non son as mesmas que tiñas cando entraches. Sen te decatar fixeches unha viaxe aos lugares máis recónditos da túa imaxinación da man de dous artistas fenomenais.

Paga a pena, de verdade.

Achégovos este video d'A torre de Babel para abrir boca:

Comentarios (4) - Categoría: Recunchos do mundo - Publicado o 24-09-2009 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 É impresionante, non me estraña que estean tan orgullosos. Só con esta mostra xa podo imaxinar o que debe de ser velo todo... Máis preto de nós, de feito a 10 minutiños da casa, teño o Museu de Joguets i Autòmats de Verdú, un fermoso pobo da nosa comarca, L'Urgell. Achégo#blgtk08#vos un vídeo dos autómatas en funcionamento e o enlace á páxina deste fantástico museo. Un paseo pola historia da man dun gran coleccionista, Manel Mayoral.

http://www.youtube.com/watch?v=KJjtbv-MEnU
http://www.mjoguetsautomats.com/index.php?pagina=1
Comentario por Eva Lozano (24-09-2009 12:40)
2 Vaia unha marabilla. Que terán os autómatas que nos fan abrir unha fiestra de luz alá nun recuncho da im#blgtk08#axinación que estaba escuro? Este Museu de Verdú é impresionante! Dan ganas de achegarse para visitalo.
Comentario por Xesús Constela (24-09-2009 17:30)
3 Hai un museo de xoguetes precioso en Sintra (Portugal). non ten autómatas pero é u#blgtk08#nha gozada de lugar, para deixarse levar:
http://www.museu-do-brinquedo.pt/
Comentario por Xesús Constela (24-09-2009 17:34)
4 Xa sabes, Xesús, aquí tes a túa casa! E non o digo por dicir. O aforo é un chisco limi#blgtk08#tado, pero nos sobra un cuarto de matrimonio. Ven cando queiras. Estaremos encantados.
Comentario por Eva Lozano (24-09-2009 19:21)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0