Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do concerto de Juanes e outros na Habana
Non é que me guste moito o cantante colombiano Juanes, máis ben nada, nin tampouco a maioría dos outros que participaron, pero estou a alucinar coa cantidade de críticas que lle fixeron os medios de comunicación ao cantante polo concerto que organizou na Habana o pasado domingo baixo o lema "Paz sen fronteiras" ao que asistiron un millón de persoas, nada máis e nada menos.

Sen ánimo ningún de defender o réxime cubano quixera salientar que eses mesmos medios calaron a boca coma petos cando o ano pasado se celebraron os xogos olímpicos na cidade de Pequín.

Velaquí o comezo dun artigo que con motivo de tal evento publiquei no Diario de Ferrol:

"O pasado oito de agosto o mundo enteiro quedou abraiado perante o despregue de medios tanto humanos como tecnolóxicos utilizados na cerimonia de inauguración dos Xogos Olímpicos na cidade de Pequín, u acontecemento que tivo lugar no interior dun estadio que chamaba a atención tanto polas súas dimensións como pola singularidade do seu deseño, xa que ten a forma do xigantesco niño de paxaro que lle dá o nome. Todo foron noraboas e parabéns para os organizadores do evento por parte de público, dos gobernos dos diferentes países participantes e das autoridades de alto nivel presentes no lugar, mais o ruído dos aplausos non nos debería facer esquecer o constante atropelo dos dereitos humanos no país onde a tal cerimonia tiña lugar, sobre todo se temos e conta que no ano 2001 o Comité Olímpico Internacional decidiu conceder a organización dos Xogos de 2008 á candidatura presentada por Pequín coa seguridade de que a concesión había de facer medrar o respecto polos mesmos."

No mesmo artigo, entre outros, falaba dos seguintes atropelos aos dereitos humanos apuntados por Amnistía Internacional:

"A ONG denuncia que por mor da existencia dun sistema penitenciario baseado en moitas ocasións na ?reeducación polo traballo?, hai na actualidade arredor de cincocentas mil persoas detidas que nunca recibiron asistencia letrada nin compareceron perante un tribunal e están condenadas a desenvolver traballos forzados ao longo de moitas horas.
Mais a listaxe de atropelos aos dereitos humanos nesta China que abraiou ao mundo ao longo do mes de agosto e na que calquera persoa que pase polo sistema penal do país ten moitas posibilidades de sufrir torturas, acada o seu grao máis alto coa práctica constante da execución de prisioneiros, arredor de dez mil persoas cada ano, aínda que non existen cifras exactas porque as estatísticas sobre a aplicación da pena de morte son un segredo de estado, o que obriga ademais a que os xuízos se celebren a porta pechada sen seguridades xurídicas. A pena capital aplícase en China a sesenta e oito delitos, incluídos os casos de corrupción e os relacionados coas drogas, tema este último sobre o cal Amnistía Internacional tamén denuncia a rehabilitación forzosa de drogodependentes en condicións infrahumanas para ?facer unha limpeza de Pequín con vistas aos xogos olímpicos?
."

Vaia dobre raseiro: os xogos olímpicos de pequín non espertaron ningunha crítica digna de mención na prensa española. O concerto de Juanes provocou un verdadeiro regueiro de denuncias.

Que hipocresía!

Os chineses teñen moitos negocios con Occidente. Os cubanos non teñen nada.

Nadiña de nada.


Comentarios (2) - Categoría: Deste noso mundo inxusto - Publicado o 22-09-2009 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Aqueles cubanos residentes en Miami sempre me pareceron moi paradoxals: fuxen da súa illa precisamente cara á nación culpable da situación que fai que marchen... Incrible se falaramos de calquera país europeo ou asiático, non si? O que cómpre e che#blgtk08#gar a un entendemento cos EEUU, e seguro que a situación en Cuba mellorará, que xa vai sendo hora! A min tampouco me gusta a música de Juanes, pero si o seu espírito de loita pola paz, os dereitos humanos, etc. É unha excelente persoa, sen dúbida.
Comentario por Eva Lozano (23-09-2009 10:18)
2 Supoño que ñe boa persoia dende o momento en que se mete en semellante enredo coa cantidade de xente que tivo en contra, mesmo con manifestacuións diante d#blgtk08#a súa casa e con ameazas por teléfono. Calquera outro tiraría a toalla. Cuba tenq ue mellorar. E vai facelo cando os USA queiran. Non teño dúbida ningunha.
Comentario por Xesús Constela (23-09-2009 13:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0