Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Das Vidas minúsculas de Pierre Michon
Nunca lera nada de Pierre Michon e veño de rematar a súa novela (ou colección de relatos, quen sabe?) Vidas minúsculas.

Deixeime levar, engaiolar por unha prosa estudada, coidada e pulida até o estremo, unha prosa difícil de describir polo que ten de poesía e polo que ten doutros xéneros.

Especialmente fermosos os capítulos/relatos que falan dos seus avós, Eugène e Clara, dos irmáns Bakroot ou de André Dufourneau.

Escribe Michon unha especie de autobiografía, que non ten nada que ver coas autobiografías ao uso, a base de narrar as biografías de personaxes que se moveron ao seu redor nas distintas etapas da súa propia vida dende que era neno até a súa madurez.

Un libro brillante!
Comentarios (2) - Categoría: De literatura - Publicado o 21-09-2009 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Un xeito moi orixinal de falar da súa vida, sen dúbida, lonxe da#blgtk08#s típicas autobiografías. Boa recomendación, terémola en conta.
Comentario por Eva Lozano (22-09-2009 17:29)
2 É un libro moi denso cun xeito moi orixinal e persoal de narrar. Realmente p#blgtk08#aga a pena. Agora acabo de comezar outro: Señores e sirventes. Unha gozada.
Comentario por Xesús Constela (22-09-2009 18:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0