Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Dos cans dos meus veciños
Preto da miña casa vive unha familia nunha desas horrendas construcións a ladrillo vista por iso de non ter que declarar nunca a fin de obra e pagar menos impostos, rodeadas de galpóns de plástico negro polos catro costados e con toda caste de ferralla aínda esparexida polo terreo. Quizais estean a agardar a que acabe enterrada para non ter que retirala. Tanto ten. A paisaxe xa está afeita a unhas doses tan altas de feísmo que unha barbaridade máis non vai importarlle a ninguén.

A finca onde construíron esta marabilla da arquitectura popular é longa e moi estreita, tanto que tiveron que negociar cos veciños dos lindeiros para que o Concello lles permitise edificar.

Un día trouxeron dous bidóns deses de aceite de coche ou de gasolina, ou de petróleo, que sei eu o que podía gardarse neles, e deitáronos ao fondo da leira, o máis lonxe da casa que lles foi posíbel.

E alí ficaron.

Pouco tempo despois trouxeron dous cans, encadeáronos a un par de ferros cravados no chan e os animais xa non volveron moverse de alí. Pasaron a formar parte da desolada paisaxe familiar.

Non sei como poden chamarse, non teño nin idea.

Reflexión 1ª: Para que pode alguén no seu san xuízo querer dous cans para telos permanentemente atados diante duns bidóns que lles serven de casa?

Reflexión 2ª: Canto tempo van sobrevivir nas condicións en que viven?

Hai uns días vin un documental na televisión no que dicían que algunha vez a raíña de Inglaterra chegou a facerse acompañar de dez cadelos nunha viaxe de estado. Viaxaron con ela e co seu séquito nun avión especial de British Airways ao que se lle retiraran algúns asentos para a maior comodidade das mascotas.

Reflexión 3ª: E terán bidóns de gasolina para todos eles nas leiras do palacio de Buckingham?
Comentarios (2) - Categoría: De animais maltratados - Publicado o 20-09-2009 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Terrible esta historia, e a de todos os millóns de cans que viven pechados e atados, mesmo en pisos e casas, que hai que ser cruel... Eu teño un nunha finca que cercamos exclusivamente para que el vivise nela#blgtk08#, unha finca na que pode correr en "bastante" liberdade, xa que é moi grande. Non pode saír dela sen nós, porque as leis non permiten que vaia solto polas rúas, pero vese feliz e así nós tamén podemos selo.
Comentario por Eva Lozano (21-09-2009 10:04)
2 Non podo comprender que ninguén teña un animal atado todo o #blgtk08#día. Para que quere alguén ter un can así? Para velo sufrir?
Comentario por Xesús Constela (21-09-2009 19:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0