Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

A cidade de Essaouira (Marrocos)

Falei nun comentario ao post anterior da cidade de Essaouira na costa de marrocos, a 170 km. da cidade de Marrakech, onde pasei a derradeira semana das miñas vacacións de verán.

Essaouira é un dos portos pesqueiros máis importantes do sul de Marrocos.

Foi colonia portuguesa e hai algo nas súas rúas brancas de xanelas e portas azuis, nas murallas que a rodean, nos edificios de pedra que serven de entrada ao porto que fai lembrar a POrtugal (lixeiramente) e non me preguntedes o que é porque non o sei.

Os portugueses déronlle o nome de Mogador e os habitantes actuais aínda utilizan a palabra para pórenlle nome a algún establecemento.

É terra de peixe Essaouira, e como tal é o lñugar perfecto para deixar gozar o padal cun "tajin" de mariscos, especialidade local. O "tajin" é un xeito marroquino de cociñar dentro dunha ola de barro con tapa do mesmo materuial en forma de cheminea cónica. Todas as casas cociñan no "tajin", que lle dá á comida un sabor moi especial.

Essaouira ten un aquel de cidade perdida no tempo e é tan fermosa que Orson Welles a escolleu como decorado para rodar o seu Otelo. As súas murallas medran a pé do mar, encol das rochas mesmas da costa en fronte dunhas illas chamadas Purpurairas que son reserva protexida de falcóns que aniñan entre os penedos.

É moi recomendábel asistir á descarga e á subasta do peixe no porto porque ten unha cor local inesquecíbel.

Fóra xa da costa, no interior dos valados a vida enche cada recuncho da vila con artomas de mentas e e especias, cos ires e vires da xente nos zocos.

Pero volvamos á costa para darmos un paseo pola praia, que é tan grande que a vista se perde no horizonte.

Essaouria é terra de mar, de vento e de ondas!

Comentarios (2) - Categoría: Recunchos do mundo - Publicado o 19-09-2009 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Que boa pinta ten todo o que nos contas: esa mestura entre o pobo pesqueiro#blgtk08# sempre pintoresco sexa no país que sexa e os sabores e olores marroquís...
Comentario por Eva Lozano (21-09-2009 09:59)
2 Un lugar que paga a pena visitar, aínda que só s#blgtk08#exa para ver os camelos deitados a carón do mar.
Comentario por Xesús Constela (22-09-2009 19:19)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0