Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Reflexión final
Levo varios días a expor reflexións acerca da miña viaxe á República Dominicana.

E non quero rematar sen achegar unhas derradeiras anotacións.

- A República Dominicana é realmente un deses lugares que paga a pena visitar para aqueles que gosten de gozar das boas paisaxes, porque relamente o país está cheo delas de costa a costa, tanto no interior como na beiramar.

- Os dominicanos son dunha amabilidade grandiosa. Calquera pque vaia por alí poderá comprobalo sen problemas.

- A culpa da situación do país, dunha pobreza que abafa, téñena, en gran parte, as industrias norteamericanas e as grandes instalacións hoteleiras, sobre todo europeas (españolas na meirande parte), que chuchan a riqueza toda do país coma ventosas pegadas nos seus maís fermosos escenarios.

- Os dominicanos, a meirande parte pobres agás uns cantos ricachos de verdade que habitan catro ou cinco urbanizacións de luxo ciscadas polo país adiante, viven na desesperanza de ver como a situación económica do seu país non ten posibilidades de mellora: o Estado practicamente non existe e non hai políticos que acheguen novidades, fan campaña electoral e adeus moi boas!

- Esta desesperanza provoca que as seitas e as relixións estrañas agromen coma fungos en calquera recuncho do país, con suxestivos nomes coma Igrexa de Deus da Profecía, ou Igrexa dos Derradeiros días... A República Dominicana, non o esquezamos, é tamén terra de vudú e de ancestrais tradicións africanas traídas polos millóns de escravos que se amorearon aquí coma vulgares mercadorías. Por certo, que o primeiro escravista foi Colón, Cristobo, de oficio descubridor!

- A República Dominicana é terra de música e de baile. A xente nace con ganas de bailar. É certo, no hai máis que pasear un domingo por calquera vila para poder comprobalo. É o reino do merengue e da bachata.

- E tamén é o reino do cafetal, da cana de azucre, do cocoteiro, da iguana, do pelícano e da garza... O reino das froitas saborosas do Caribe e, máis que nada, do ron (vitamina R, que din eles)

Mais cando estou a escribir estas liñas non deixo de pensar nas colas de parados apedir emprego nas portas traseiras dos hoteis, nos meniños a pedir esmola nas estacións de autobuses e no malecón de Santo Domingo...

Dende logo volvín de alá con moitas reflexións a zoar coma moscas na cabeza e no tiven máis remedio que achegalas a este meu blog para ver de partillalas con todas as miñas visitas.

Grazas por permitirme facelo.

Queda esta viaxe, logo, para sempre no corazón, nese lugar onde se amorean as boas lembranzas.





Comentarios (2) - Categoría: Anotacións dominicanas - Publicado o 21-08-2009 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Perfecto o resumo, Xesús. De novo moitas grazas a ti por toda esta información que nos deixaches, por contar a verdade dun xeito tan d#blgtk08#irecto e ameno. Alédome de que a viaxe dése para tanto! Agora pronto volveremos á rutina do curso escolar, que o verán pasa volando...
Comentario por Eva Lozano (21-08-2009 13:15)
2 Aínda queda unha semana de vacacións e penso aproveitala, espremela até l#blgtk08#le quitar todo canto zume poida. Non me gusta malgastar o tempo de lecer.
Comentario por Xesús Constela (22-08-2009 11:43)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0