Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

As zonas francas
"Libre de impostos, sen sindicatos, man de bra barata, 50 centavos de dólar por hora."

Iso di o anuncio do goberno da República Dominicana destinado a atraer investimentos estranxeiros nas denominadas zonas francas.

Trátase de 30 polígonos industriais que dan enmprego directa ou indirectamente a arredor de 300.000 persoas.

É a plasmación real dun soño longamnte acariñado polo gran capital internacional, especialmente dos Estados Unidos Corea do Sul e Taiwan: man de obra baratísima sen reivindicacións de ningunha caste e á que non hai que indemnizar se se detén a produción.

As zonas francas utilízanse para ensamblar pzas industriais fabricadas no país de orixe ao ritmo que pide o mercado. Non hai que almacenar stocks.

Se non hai traballo mándase ao operario (a meirande parte son mulleres) á casa e non hai que pagar subsidios de desmprego.

As zonas francas funcionan en México, Guatemala e a República Dominicana.

O estado non obtén ningún beneficio, agás o emprego da poboación a prezos baixísimos.

As zonas francas foron un invento da administración Reagan logo da invasión da illa de Granada e os seus obxectivos son liberar de aranceis norteamericanos a un gran número de produtos fabricados para o consumo propio.

Isto é a economía do país.

Un roubo!
Comentarios (2) - Categoría: Anotacións dominicanas - Publicado o 20-08-2009 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Isto tamén acontece noutros países pobres, e sempre son precisamente as empresas máis ricas #blgtk08#(Nike...) as que tiran proveito da necesidade extrema destas xentes, que tamén ten delito...
Comentario por Eva Lozano (21-08-2009 13:12)
2 E aínda por riba moitas veces con man de obra infantil. Aseguráronme que#blgtk08# iso non pasaba na República dominicana. Vai ti saber se é certo ou non.
Comentario por Xesús Constela (22-08-2009 15:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0