Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Punta Cana e Playa Bávaro 2

A foto que vos achego é a cola de parados a pedir emprego na parte posterior do hotel Natura Park, resort and spa de Playa Bávaro.

Os tipos uniformados son seguratas do hotel.

Nada que ver coa imaxe que venden as axencias, non si?
Comentarios (2) - Categoría: Anotacións dominicanas - Publicado o 19-08-2009 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Acabo de ler as entradas destes días. Como dicía o outro día alguén, a túa crónica da viaxe non ten prezo, é absolutamente meticulosa e exacta, e dá gusto despois de escoitar a tanta xente que foi alá e non saíu do hotel e dos circuitos onde os únicos dominicanos que vén son os que ti chamas "man de obra barata". É unha mentira, unha fonte de ingresos para outros estranxeiros que volveron#blgtk08# colonizar o país, como ben explicas, construíndo toda esa rede de consumo en torno a unhas paisaxes paradisíacas. Ese contraste entre consumo e pobreza, limpeza e suciedade, fachada e realidade, que puideches experimentar, estou segura de que se convertiu nunha gran aventura para ti. Que sorte tes, e que sorte temos tamén nós de poder ler todas estas crónicas túas. milleiros de grazas!
Comentario por Eva Lozano (20-08-2009 19:48)
2 Non merezo tantos eloxios, Eva. O único que fixen foi viaxar coa miña familia a un lugar realmente paradisíaco pero sumido na peor das pobrezas e na peor das inxustizas. Gustaríame poder facer algo ademais de denunciar neste blog todo canto vin. É un #blgtk08#pracer poder falar da viaxe coas miñas visitas e especialmente contigo. Viaxar é megullarse completamente na sociedade que te acolle. Se alguén non entende así a viaxe non está realmente a viaxar. Pode chamarlle coma queira ao que fai, pero non viaxe.
Comentario por Xesús Constela (20-08-2009 20:06)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0