Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Punta Cana e Playa Bávaro
É verdade. As praias de Bávaro e Punta Cana son das mellores do mundo. Non teño dúbida ningunha para poder afirmalo.

Di un vello dito popular dominicano que "Cando Deus acabou de crear mundo deixou estas praias tal como son agora para lembrar ao ser humano como era o paraíso que perdera para sempre" (Unha paravada relixiosa máis, claro.)

Son un apraíso, dce todos xeitos: cocoteiros na area para dar sombra aos bañistas, areas de coral que son dun branco inimaxinábel, augas turquesa transparentes e dunha temperatura que nunca impide o baño, nin sequera de noite, peixes de cores que fan que sintas que estas a nadar no interior dun xigantesco acuario...

Por iso viñeron recalar aquí as grandes cadeas multinacionais do turismo, sobre todo españolas e norteamericanas. Isto é o mesmo que dicir simplemente que nada do que aquí está construído pertence a dominicanos. Nadiña de nada.

Do millón de tursistas anuais que se deixan caer por aquí cada ano as tres cuartas partes son estadounidendes, seguidos de canadienses e, en menor medida, españois, franceses e italianos.

Pero o turismo, todo, está en mans estranxeiras, polo que a República non se beneficia nin sequera do importe das viaxes porque non dispón dunha compañía aérea de gran capacidade.

A meireande parte das ganancias non fica no país.

En realidade o turismo só sirve para dar emprego a unhas vinte mil persoas (man de obra barata contratada en condicións realmente penosas. Non hai máis que ver as colas de parados qe se forman cada día diante das portas de persoal dos grandes hoteis, estratéxicamente colocadas nas partes de atrás para que os turistas non as vexan). Unha verdadeira vergoña!

Isto é Punta Cana, señores, unha ventosa colocada no lugar máis fermoso do país, unha gaiola de ouro para turistas que de ningún xeito saen dos hoteis para comprobar in situ a realidade da República.

Chegan, báñanse, comen, beben ron, bailan merengue e bachata e logo marchan.

Hai un barco/discoteca que recorre día tras día as praias dos grandes hoteis e ten o suxerente nome de "Cachondeo Caribeño". Con iso xa está todo dito.

Comentarios (0) - Categoría: Anotacións dominicanas - Publicado o 19-08-2009 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0