Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Boca Chica

Boca Chica é a praia onde van refrescarse os habitantes da capital, Santo Domingo, ao estar a apenas vinte e oito quilómetros da gran urbe.

Segundo as guías turísticas é o lugar máis popular e "bullanguero" do país.

A popularidade venlle da época da ditadura de Trujillo, que construiu un hotel ("Hotel Hamaca") para a clase alta no que fora unha vila de pescadores.

Boca Chica é unha beleza paisaxística: cocoteiros até a beira mesma do mar, areas brancas branquísimas e augas pouco fondas por estar a praia protexida por un arrecife de coral.

En Boca Chica véndese de todo: ostras, lagostas, gafas de sol, lambetadas varias, sombreiros de palla, froitas de nomes que nin podo lembrar...

É quizais o lugar máis animado do país.

Nada din as guías, por certo, dun horrendo porto de buques grandes á marxe dereita da praia, que esmaga por completo a visión idílica da paisaxe.

Un lugar que paga a pena visitar.
Comentarios (2) - Categoría: Anotacións dominicanas - Publicado o 17-08-2009 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Tes razón que ás veces as prais máis lindas teñen preto un porto que lles quita parte da fermosura. Dá cousa pensar nos combustibles que levan, as graxas que lles botan... Eu intento buscar praias lonxe dos portos. Á que imos normalmen#blgtk08#te é moi tranquila e afastada da cidade, e do porto, de Tarragona. Así a auga é moito máis limpa que a que atopan os bañistas de centros turísticos coma Cambrils ou Salou. Menos mal que non é coñecida e así segue a ser unha marabilla.
Comentario por Eva Lozano (17-08-2009 20:20)
2 As praias descoñecidas son as maís fermosas. Eu estou namorado desas da costa de Porto do Son, onde incluso nos días máias calorosos do verán, que por fin chegaron, p#blgtk08#or certo, aínad queda sitio para botar unha carreira pola beiramar sen tropezar cos bañistas. Augas de cristal, desas que desprenden un arrecendo a sal que hipnotiza.
Comentario por Xesús Constela (18-08-2009 11:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0