Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Stieg Larsson
Non puiden evitalo e tamén sucumbín eu.

Empecei aler iso que parece que todo o mundo enteiro está a ler: O primeiro libro da triloxía Millenium de Stieg Larsson (e iso que vin a película).

Estouno a ler na versión inglesa, 3'00 libras nunha libraría de Londres, 4'00?, fronte aos vinte e pico que costa a versión en castelán. POlo visto en sueco titúlase Os homes que odiaban as mulleres, mentres que en inglés o título é The Girl with the Red Tattoo(?). Por que lle cambiarían o nome? En español é Los hombres que no amaban a las mujeres. (Quen dá máis?)

Home, hei recoñecer que engancha (coma os best sellrs todos) e a historia polo de agora é ben curiosa.

As descricións que fai dos dous personaxes principais, o xornalista Blomkvist e a investigadora Lisbeth Salander son grandiosas. A novela consegue tamén transportar ao lector perfectamente a esa Suecia descoñecida onde a trama se desenvolve.

A industria literaria sueca será algo sobre o que investigarei. Foron moitos os escrtores que viñeron de alá, dende aquela Astrid Lindgren, a creadora da inesquecíbel Pippi Langstrumpf até Jostein Gaarder, d'O mundo de Sofía.

Volveremos falar de Suecia.

Agora quedo coa novela de larsson.

Comentarios (2) - Categoría: De literatura - Publicado o 27-07-2009 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Haiche tradutores (ou ás veces editores)ben traidores... Eu non sucumbín (todavía) ao xenio de Larsson, pero si tiven a sorte de ver un programa na tele catalana moi interesante sobre el. É un programa de libros moi bo, e unha semana invitaron ao seu mellor amigo, que explicou moitas curiosidades sobre a triloxía. Eles traballaban xuntos como xornalistas e dende sempre Larsson foi un escritor obsesionado co seu traballo, que non durmía e vivía a base de cafés e cigarros, o que o levou a unh#blgtk08#a triste e precoz morte. A orde dos libros foi premeditada, xa que no derradeiro non son os homes nin os negocios os que van contra as mulleres, senón a mesma política. Se este fose o primeiro os outros nin existirían, porque acabarían censurados, segundo este amigo. Non dubido que os tres sexan moi bos, o que pasa é que de sempre me custa moito traballo porme a ler best-sellers, aínda que hai pouco lin "El cuento número 13" e me encantou, de feito o lin nunha semana e non podía deixalo...
Comentario por Eva Lozano (27-07-2009 17:11)
2 Comparto o traballo para afrontar un best seller, mesmo se están en galego. De todos xeitos dentro desa categoría tamén hai niveis, e supoño que estes de Larsson son do máis alto. Agachan, polo menos este que estou a ler, unha certa dose de c#blgtk08#rítica político/económico/social que normalmente non aparece en ovelas dese tipo. De todos xeitos é unha literatura moi "brandiña" para a clor, o verán e a praia.Éstá ben pasar do crucigrama á novela de larsson e viceversa no tempo e lecer.
Comentario por Xesús Constela (28-07-2009 11:10)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0