Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Manifesto da AELG para o 24 de xullo
Mañá, 24 de xullo, perante a estatua de Rosalía de Castro na Alameda de Santiago farase a lectura pública dun manifesto da Asociación de Escritores en Lingua Galega para denunciar os pasos arás que se están a dar na protección da materia prima da nosa literatura.

O manifesto contén as seguintes palabras:

"Vimos aquí os que por única ofrenda temos a palabra, para nos acoller na túa mirada xenerosa, aquela que alimenta o noso espírito e pon na nosa voz a verba xusta: a que berra, e protesta, e rebélase, e clama, e chía, e brada, e balborda, mais sen se laiar nin queixar, sen implorar nin pedir nin rogar porque de ti, da túa estirpe, herdamos e aprendemos o azo de nos revirar. Porque revirados estamos contra unha xenreira que naceu en pechos corazóns contra a palabra de noso. Un odio que ameaza con derrubar o edificio que os sécalos ergueron para acubillármonos como pobo e como xente.
Desde a AELG insistimos na importancia que, na Galiza, tivo e ten a literatura. Porque a nosa non é unha literatura xurdida da espontaneidade creativa, das vontades particulares de se expresaren por escrito xentes de pluma feliz: a nosa literatura é, ante todo, unha declaración de intencións. A nosa cultura é unha creación colectiva do pobo, unha ferramenta útil creada por labregos e mariñeiros, por costureiras e boticarios, nas aldeas e nas vilas, unha cultura que logo foi perseguida e condenada a ser identificada e estigmatizada, xunto á lingua que a nomea, como exclusiva das clases desfavorecidas, coa intención de a facer desaparecer definitivamente, e canda ela, o pobo noso e mais a identidade singular que representa."
Comentarios (2) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 23-07-2009 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Que fermoso! Que pasedes un bo día, que sexa dalgunha utilidade todo o esforzo que facedes pola defensa da lingua, que non consigan quitárnol#blgtk08#a (que non poderán con nós) e que o Día da Patria Galega sirva para lembrarlle a moitos o que significa ser galego en Galicia (ou fóra dela).
Comentario por Eva Lozano (24-07-2009 18:31)
2 Suscribo o fermoso manifesto que os escritores en Lingua Galega leredes mañán nun lugar tamén fermoso e cheo de significado. Espero, igual que Eva L. que sexa un día cheo de esperanza e que esa unión sexa tan grande coma #blgtk08#para aguantar a pé firme, sen dar un paso atrás, ate que se poida botar de novo esa tropa para a retaguardia.
Eu penso estar en Rianxo, seguro que un dos temas tamén será a fala, non sei, xa vos contarei.
Comentario por E Carpente (24-07-2009 19:48)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0