Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da última novela de Xurxo Borrazás.
"Toda ficción é cuestionamento da realidade. Nese sentido, toda ficción é fantasía e falar de literatura fantástica é unha redundancia..."

Así comeza a "Nota de autor" coa que remata a última novela do amigo Xurxo Borrazás.

Titúlase Costa Norte/ZFK.

Veño de rematala agora mesmo e hei recoñecer que me cativou dende as primeiras páxinas. De feito non puiden deixala a pesares de ter moitas outras ocupacións. E iso é o mellor que pode acontecer cunha novela.

Sempre admirei a literatura de Borrazás. Trátase dun escritor intelixente, innovador e experimentador. Pero con esta novela de verdade que me deixou abraiado.

Nalgún lugar lin que describían a trama como "pesadelo industrial". É verdade!

O escenario é un Carballo sepultado debaixo dunha xigantesca cúpula de cristal logo dun estraño accidente que lembra moito a Chernóbil.

O mundo está cambiado. O que existe e coñecemos neste dous mil nove que habitamos xa non vale de nada na época en que a trama de desenvolve. O día non se diferencia da noite. Hai día e noite?

Convídovos a ler esta novela porque de seguro que vos ha agradar tanto como a min. Mesmo sentín un pouco de mágoa de que rematase. Vivín con Rosa, a protagonista, ao longo dos tres últimos días e case que a sinto aquí á miña beira, tal é a forza descritiva de Xurxo.

Todo colle na trama: ciencia ficción, ecoloxía/ecoloxismo, sexo (moito e moi ben descrito), amizade, análise da realidade...

Como sería o mundo noso, este que coñecemos, se acontecese o que conta a novela?

Veña un grolo polo Borrazás!
Comentarios (5) - Categoría: De literatura - Publicado o 22-07-2009 18:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Veña ese grolo, teremos que ler a obra do Xurxo, porque a tua recomendación resulta moi efectiva, fareino cando remate as sete páxinas que me quedan do teu Saquespeare destilado, gústame, é tamén un tema moi orixinal, só que xa se me contaxia a voráxine de gin-tonic ou de xenebra a secas (pobre fígado).
A presentación de "El triángulo de Goualougo" de Juán José Lago Pere#blgtk08#ira foi un acto agradable, como esperaba, o autor falou de algo que nunca oira eu a ningún autor: das distintas sensacións que experimenta o escritor "antes, durante e despois de escribir unha obra", resultou moi interesante. E unha novela curta moi atractiva, fácil de ler e ben documentada, áxil na sua narrativa, para este tempo, vaia, e xa que chove hai moito tempo para ler.
Comentario por E Carpente (22-07-2009 19:26)
2 Dde seguro que foi un acto do máis interesante e que as sensaci#blgtk08#óns pre e post escrita son moi semellantes en todos os autores.
Comentario por Xesús Constela (22-07-2009 19:51)
3 #blgtk08#
Comentario por E (23-07-2009 15:03)
4 Coido que o noso mundo, tal e como é hoxe, é moi rico en formas de vivir: hai xente no norte que vive varios meses de día e varios meses de noite, xente que vive aínda baixo os efectos de desastres naturais e non tan naturais, un día tras outro, xente que vive nun mundo artificial cheo de consumismo e tan falto de sentimentos que sempre dependen de fármacos e psiquiatras, #blgtk08#xente que vive exactamente como hai milleiros de anos, en tribus nos diferentes continentes, sen saber que a mil km. a xente vive no século XXI... Hai de todo neste mundo, e o que non coñecemos... Así que o mundo é unha gran novela que agarda ser escrita. Así é como nos sentimos antes de escribir. Despois, certamente, un gran baleiro que espera encherse con novos escritos!
Comentario por Eva Lozano (23-07-2009 15:09)
5 vaia un comentario fermoso, Eva: Si señor. O mundo é unha gran novela que agarda ser escrita. DEtrás de cada recuncho das nosas vidas est#blgtk08#á agachado o comezo dunha historia e detrás de cada persoa está quizais un personaxe da mesma. Hai que poñerse a traballar. Simplemente.
Comentario por Xesús Constela (24-07-2009 12:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0