Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

As roupaxes da rosa espida

A rosa está espida porque non quere nin quixo saber nunca de roupas, que ama a frescura da xeada a lle acariñar a pel.

A rosa está espida para que a poidan bicar ben as abellas e para deixar que lle rouben a virxindade sen ningunha caste de vergoña nin rubor.

A rosa estará sempre espida porque así se sentirá feliz, moi feliz.

Pero chegará nalgún momento a vellez e a rosa vestirase de óxidos porque sentirá a friaxe da noite e anhelará que chegue axiña a mañá para deixarse quentar por unhas raiolas de sol que pasarán pola súa beira, altivas, case sen reparar nela.

Xa non será, entón, fermosa...

E xa non quererá estar espida...

Vestirá unhas roupaxes tan pesadas que caerá da roseira, miña pobre, completamente murcha...

E calará para sempre, a rosa.

Calará...
Comentarios (2) - Categoría: Pequenas reflexións case furtivas - Publicado o 27-06-2009 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Ai, Rosa vermella, Rosa orgullosa... Agora as rosas lémbranme a ela...
Que #blgtk08#fermosa! Esta rosa "rosa" arrecende só con mirala:
un grolo pola sinestesia!
Comentario por Eva Lozano (28-06-2009 12:29)
2 Red Rose, proud Rose, sad Rose of all my days!
Come near me, while I sing#blgtk08# the ancient ways!´
Escribiuno W. B. Yeats.
Veña un grolo por el!
Comentario por Xesús Constela (28-06-2009 21:57)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0