Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da lingua.
Para estrear nova catagoría achégovos un pequeno texto de Xosé Neira Vilas que rescatei da miña biblioteca hoxe que procuraba un texto clásico para ler nun vídeo que vou gravar o vindeiro venres para a páxina web da AELG.

Évos un texto moi acaído para estes tempos tan pouco líricos para o idioma amado de todos nós.

Velaí vai:

"... algunhas cousas cambiaron nos derradeiros oito mil setecentos días. Para ben? Para mal? Analizalo como cómpre non é fariña deste fol. Mais algo podo afirmar: no meu val fálase galego coma daquela; coma no primeiro día desta ringla. Coma nos séculos que seguiron ó erguemento desta vella ponte. Vellos e nenos, mulleres e homes, siguen fideles á lingua dos antergos. Vexo novos rostos, escoito voces novas, todas elas a espresarse na mesma fala. Esta fala que escoitei dende que nacín, e na que me chegaron, a enderezos lonxanos e diversos, centos de cartas do pai e de moitos amigos. A nosa palabra-siño alancando por derriba do ancho mar. Sinto coma se o tempo non tivese rolado e matiño que, a pasares de todas as doenzas, non pode morrer un povo así."

Retomo as súas verbas: NON PODE MORRER UN POVO ASÍ!

Neira Vilas escribiu isto na Habana en agosto do ano 1973.

Veña un grolo por Neira Vilas!

Comentarios (4) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 24-06-2009 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Veña ese grolo! se Neira dixo eso no ´73, coido que polo de agora non hai peor#blgtk08#es condicións que daquela, logo de 40 anos de represión total da fala.
Comentario por Eva Carpente (24-06-2009 22:10)
2 Quen foi o poeta que dixo:
"Non. A forza do noso amor non pode ser inútil!"#blgtk08#r /> Veña un grolo por el tamén.
E pola utilidade do amor de nós polo noso.
Comentario por Xesús Constela (25-06-2009 12:01)
3 Vexo que o meu optimismo vaise contaxiando... Iso mesmo pensaba eu o outro día, na anterior entrada, e, dende logo, con Franco era peor e mira como aínda hai xente que fala e escribe en galego, ou en catalán e vasco. A liberdade ten que ser para todos igual, para os que queren falar castelán tamén, o problema é que os nosos dereitos sexán tamén os mesmos, sobre todo o dereito ao ensino na lingua oficial, iso é o que non se entende. De todos os xeitos, o galego pódese falar igual aínda que non se aprenda na escol#blgtk08#a, como nos pasou a nós. Un exemplo: a miña filla, coa que onte me comprometín a falar galego na casa, e sabedes que? que empezou a falalo cunha naturalidade abraiante, e iso que isto de falar galego non o fixeramos máis que en dúas ocasións que tivemos a visita duns amigos de alá. Pois si, a nena fala galego porque os fillos de galegos, durante a xestación, reciben o coñecemento mentres durmen o seu soño no noso ventre. Debe de ser iso, non? Home, a nena tamén le en galego dende sempre, iso tamén axuda moito...
Comentario por Eva Lozano (25-06-2009 12:11)
4 haberá que ver as cousas dende outro prisma, a través doutro cristal. De todos xeitos aquí, políticamente, as cousas estanche moi moi ch#blgtk08#ungas. O PP está a desfacer todos os logros conseguidos co paso do tempo coma se estivesen a facer unha especie de reconquista. Dá noxo.
Comentario por Xesús Constela (25-06-2009 12:58)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0