Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da maldita enquisa sobre a lingua 2

Cousas que ando a escoitar acerca da maldita enquisa, para que vexades a fiabilidade dos resultados:

- Hai moitos directores e claustros que se negaron a repartir a enquisa entre o seu alumnado. (Veña un grolo por eles)

- Unha nai dunha compañeira da miña filla utilizouna para recoller os excrementos do seu can.

- Moitos pais do meu instituto negáronse en redondo a cumplimentala.

- Sei dun instituto onde a cumplimentaron os rapaces na clase co que lles deu a gana e coa mesma a devolveron (vaia fiabilidade!).

- O PP de Ferrol denuncia que nun colexio o equipo de normalización enviuo unha carta aos pais para falar da lingua (Manda truco! Vaia ousadía! Unha carta!)

- O PP de Lugo denuncia que a Deputación enviou unha carta ás Anpas da provincia falando da riqueza do coñecemento de dúas linguas. (Outro pecado)

Apostamos algo a que o PP sae escaldado desta súa xesta vitoriosa?

Oxalá lle saia o tiro pola culata.

De todos xeitos vendo como funciona o país sonvos un pouco pesimista.
Comentarios (4) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 17-06-2009 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Así que a lingua aínda ten seguidores consecuentes... Espero que poidades facer algo c#blgtk08#ontra o abuso de poder e se queden coas ganas de eliminar o galego do ensino. Sorte!!!
Comentario por Eva Lozano (17-06-2009 22:35)
2 non cubrila non é unha boa opci#blgtk08#ón, os OUTROS si o van a facer
Comentario por ana (18-06-2009 00:28)
3 Venme lembranza da cancion da sementeira, "namentres no pobo quede un meniño, un vello..." haberá que facer resistencia#blgtk08#, se fan isto tan pouco tempo despois de tomar o poder non nos vai quedar outra que botarnos ao monte. Estou tristeira.
Comentario por E Carpente (19-06-2009 23:41)
4 Arriscándome a ser anatema, suxiro a seguinte reflexión: se dicimos "o galego, a nosa columna vertebral", non estaremos pacando de totalitarismo? Por dita frase implica que TODOS os galegos a comparten ou a deben compartir, sendo así que (deixando fora da discusión ós recalcitrantes contra o galego, cuxos argumentos non teñen sent#blgtk08#ido) hai moitos galegos (quizá a metade da poboación) que teñen o castelán como a súa lingua nai, é dicir, a súa particular "columna vertebral". Estas xeneralizacións cando se trata de publicitar o uso do galego creo que non son beneficiosas para o fin que persiguen; mellor me parecería que se recurrise a eslóganes máis matizados.
Comentario por Guereñu (14-11-2012 12:10)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0