Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da maldita enquisa sobre a lingua

Hoxe, por vía da miña filla, chegou ás miñas mans a maldita enquisa sobre o galego que se está a enviar a todos os pais que temos fillos escolarizados en idade non universitaria.

Digo maldita enquisa porque realmente me cabreou. E moito.

Cabreoume por mentireira: Póñenlle co título "Consulta ás familias sobre a utilización das linguas no ensino non universitario".
Por que non a titularon "Enquisa sobre a doma e castración do Reino de Galicia"? Dende logo sería máis acorde coa realidade.

Cabreoume porque meten a lingua inglesa nunha pregunta na que se pide a opinión sobre a posíbel docencia dalgunha asignatura nese idioma. Cabreoume coma profesor de inglés que son porque coñezo as penurias polas que pasamos os ensinantes de idiomas nos institutos e porque coñezo o escasísimo nivel de competencia do alumnado no uso do idioma. Por que non se consultou aos departamentos de inglés, que igual tiñamos algo que dicir?

Cabreoume porque todo isto da maldita enquisa é unha verdadeira farsa: xa saben o que queren facer (suprimir o galego do ensino, que non disimulen) e agachan as súas intencións detrás duns papeluchos enviados aos pais de calquera maneira. Estannos utilizando descaradamente.

Por certo, que tamén me cabreou moito ver ao presidente da Xunta onte a presidir a procesión do Corpus de Ponteareas. Non era isto un estado laico e aconfesional?

Viva o ateísmo!
Comentarios (8) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 15-06-2009 18:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Viva!!! O de Ponteareas vén de anos e anos atrás. Aínda lembro a Fraga cada Corpus a chafar as flores. Sae toda a corporación municipal co Presidente que toque e van destrozando o traballo de toda a noite. Así que se te deitas tarde, que era o que pasaba normalmente, toda a noite ou facendo#blgtk08# alfombras ou de marcha, non podes velas feitas, porque duran ben pouco... Unha mágoa, pero iso si, unha tradición moi fermosa. O tema das flores coido que non deixa de ser unha tradición baseada en ritos ancestrais, como o Nadal ou o Samaín, que despois a igrexa fixo seus con todo o morro.
Comentario por Eva Lozano (15-06-2009 19:31)
2 Co tema do Corpus esquecín mencionar o da enquisa. Se entendín ben non hai dúbida de que queren facer unha enquisa a modo de referendum sobre o galego nas e#blgtk08#scolas para poder suprimilo e punto, iso si, co apoio das familias galegas, que queda mellor e resta responsabilidades ao goberno. Que listos son, carallo!
Comentario por Eva Lozano (15-06-2009 19:34)
3 Cando critico apresenza do presidentye na procesióin o Corpus non quero para nada criticar o tema das alfombras nin a súa tradición. É polo mero símbolo de que o presidente acuda a umha celebración relixiosa. O alcalde de Pontevedra foi moi criticado pola dereita cando deixou de participar nas procesións relixiosas das festas. Agora mesmo un ano coido lembrar que veu desfilar Rajoy da man do pesidente da Deputación do presidente do PP de Pontevedra. Son rancios como eles sós.
Eu mesmo fun onte a Redondela a presenciar a danza das espadas e o baile das#blgtk08# penlas, que me parecen ritos ancestrais relamente interesantes. Todo se desenvolve ao remate da procesión da Virxe logo da misa. O que me cabrea é que vaian altas representacións institucionais a esa clase de actos relixiosos. Que vaian tamén ás mesquitas, ou acaso non representan tamén aos musulmáns.
Para evitar esta clase de problemas está o laicismo e aconfesionalidade dos poderes públicos. Como persoas poden ser o que queiran, faltaría máis, pero como personaxes públicos pídeselles unha pouca discreción. Estou seguro de que compartes a miña opinión.
Comentario por Xesús Constela (15-06-2009 20:00)
4 Por suposto, Xesús, xa o entendera á primeira, eu tampouco soporto que estes sistemas políticos supostamente laicos permitan, e apoien, este tipo de cousas. É coma nos telexornais, que estou farta de ver romerías do Rocío, procesións de Semana Santa e demais ritos de tolos chorando e toleando detrás das virxes e dos cristos, cando non podemos ver o que fan as outras relixións. Só nos ensinan aqueles que se fan sangue nas costas (non lembro o no#blgtk08#me) coma se fose unha barbaridade, e despois van aqueles dos capuchóns cos pés e as mans cheos de sangue, exactamente iguais. Agora que convivimos con todas as relixións máis lles valía amosar un chisco máis de respecto e sacar un pouco de todo, e de paso culturizarnos. Os políticos non van a ningunha outra celebración que non sexa cristiá, e iso non é xusto e non representa á maioría da sociedade. Concordo totalmente co que dis, claro que si.
Comentario por Eva Lozano (15-06-2009 22:19)
5 Cando en Ponteareas houbo unha racha de alternancia política, á procesión do Corpus non veu o dinosaurio, nin o presidente da Deputación nin ninguén, conformámonos coa corporación municipal, por certo non completa, xa que o BNG, consecuente coa sua postura non estivo, ao final, é cousa dos ponteareáns é toda esa visita de autoridades só é para renderlle preitesía.
Tes razon con que habería que ver outras relixións. A min convidáronme a unha voda de Testigos de Gehová e de certo que agradeceron que fora e tratáronme moi ben, per#blgtk08#o eu paseino fatal, porque a cousa consistía en aleccionar á rapaza (19 anos) para que considerase que o importante da casa é que o home estea satisfeito do comportamento dicreto da sua muller, do coidado dos fillos e da casa e de que as decisións só podería tomalas él, xa que Deus deulle a xerarquía ao home, e a muller para que o axudase. En fin... xa se ve que é o que hai.
Con respecto á enquisa ¿preguntaron ao profesorado algo?, non, nin para un idioma nin para outro, só o empregan de palomas mensaxeiras. Incrible e odioso.
Comentario por E Carpente (16-06-2009 19:46)
6 Eu escoiteille ese mesmo comentario a un cura nunha comunión, dicíndolle á nena que a f#blgtk08#acía que agora debía comezar a facerse unha muller da súa casa!!!!! Viva o budismo!!!!!
Comentario por Eva Lozano (17-06-2009 08:57)
7 Se o budismo non da xerarquía ao home sobre a muller, ¡que viva!, pero teño as miñas dúbidas, polo pouco#blgtk08# que coñezo, as relixións van por eses derroteiros. ¿Hai alguha que iguale o home e a muller?, pois iso.
Comentario por E Carpente (17-06-2009 20:22)
8 Supoño que na base todas as relixións son iguais, e canto máis se afaste delas e dos seus dogmas o pod#blgtk08#er político pois moito mellor. Iso era o que intentaba dicir co da procesión do Corpus e Núñez Feijoo.
Comentario por Xesús Constela (17-06-2009 20:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0