Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da supresión de
Luís Rei Núñez, director do programa da TVG "Libro aberto", no que tiven a honra de participar en dúas ocasións, vén de remitir unha carta na que comunica a supresión do programa por parte dos novos directivos da Compañía de Radiotelevisión de Galicia.

Mal asunto isto de facer desaparecer programas culturais.

Reproduzo o contido da carta:

Amigos do programa ?Libro aberto?:


Nestes días estase completando o proceso de renovación do equipo directivo da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, e os novos responsables da Galega tomaron a decisión de suprimir o Servizo de Cultura, creado en outubro de 2005.

Está por ver a continuidade de programas que nestes anos foron consolidándose na grella, como ?Miraxes?, ?Planeta cine?, ?Alalá?, ?Onda curta? ou ?Ben falado!?. De momento, o primeiro que desaparece é ?Libro aberto?, cuxa última emisión será a da noite do 24 de xuño.

Dado que ese programa de ?Libro aberto? xa está gravado e non hai nel ningunha despedida dos seus seguidores e amigos, xa que a decisión nos foi comunicada con posterioridade, quero aproveitar o medio polo que habitualmente nos comunicamos para despedirme e agradecervos a vosa atención e interese.

Se en anos anteriores a pausa era só durante o tempo de verán, sabendo que volveriamos en setembro, esta vez, lamentablemente, descoñecemos se será un adeus para sempre, perdendo esta canle pública o espazo que durante catro anos acudiu puntualmente á súa cita semanal cos amantes dos libros e da literatura.

Foron 127 emisións, con máis de duascentas entrevistas a autores galegos (como Fernández Paz, Manuel Rivas, Marina Mayoral ou Luz Pozo Garza), e de fóra (como Bernardo Atxaga, Ferreira Gullar, Eduardo Galeano ou Luis Sepúlveda); con presenza en feiras como as de Guadalajara (México) ou Bolonia; con monográficos como os de Brais Pinto, Xosé María Castroviejo ou Ramiro Fonte; e, por que non dicilo, con recoñecementos como o Premio Fernández del Riego dos editores galegos e cunha audiencia que (sempre que a emisión foi os mércores ás doce e media da noite) triplicou a dos programas similares doutras canles públicas.

Lonxe de calquera sectarismo, prestando atención ás novidades da nosa ampla oferta editorial, e achegándonos a clubes de lectores e librerías de toda Galicia, ?Libro aberto? acolleu autores de todos os xéneros e xeracións, que tiveron no espazo unha ventá inmellorable para conseguir a necesaria visibilidade na sociedade para a que traballan.

Desde o convencemento de que pechar para sempre un espazo dedicado ós libros sería un gravísimo paso atrás, despídome de vós formulando o desexo de que en setembro, e como á volta dos tres veráns anteriores, a Televisión de Galicia volva deixar que a literatura atope un moi necesario espazo nas súas emisións.

Un saúdo afectuoso,


Luís Rei Núñez

Director de ?Libro aberto?
Comentarios (4) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 14-06-2009 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Pois parece que a cultura non lles gusta. Nesa liña cultural e informativa tiña que moverse a programa#blgtk08#ción dunha TV pública.

Que porán agora¿¿¿paixón de gabiáns.

Actualidade
Comentario por actualidade (14-06-2009 20:57)
2 E POR QUE NON SACARON LUAR
A CULTURA É O PRIMEIRO INSTRUMENTO QUE A POLITICA ERRADICA, PASO NO 36.
GALICIA É UN DOS POBOS CON MAIOR IDEOSINCRASIA DE TODA EUROPA,QUIZA#blgtk08#S ALLA INTERESES EN QUE ESTA SE PERDA.
EU VIN A GALICIA NAMORADO DUNHA GALEGA E ACABE NAMORADO DUNHA LINGUA E DUNHA TERRA.
DÓEME MOITO E SINTO COMO PROPIO LESTE ACOSO
Comentario por SERENIDADE (14-06-2009 23:07)
3 Terrible a noticia, dende logo. Era un programa dinámico e moi interesante, deses que dá g#blgtk08#usto ver. A ver onde se dirixen agora, ao desaparecer o Servizo de Cultura. Medo me dá...
Comentario por Eva Lozano (15-06-2009 11:07)
4 Acoso. Si señor. Mesmo hai quen fala dunha conspiración perfectamente orquestrada dende Madrid. O obxectivo é acabar coa cultura, que n#blgtk08#oso caso vai totalmente parella á lingua e a nós mesmos. Queren converter o país nunha morea de lixo. Temos que impedilo a toda costa.
Comentario por Xesús Constela (15-06-2009 18:03)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0