Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Kekova (Turquía)

Propóñovos unha viaxe, aínda que sexa virtual, á illa de Kekova, no sul de Turquía, na costa mediterránea, un lugar marabilloso por moitos motivos:

-Porque só se pode chegar en barco, motivo polo que aínda se poden atopar moitas caliñas baleiras onde un pose darse un baño espectacular.

- Pola claridade das súas augas, que permiten ver dende o barco as ruínas da antiga cidade licia de Simena, que quedou asolagada hai mitos séculos.

- Polo ben que sabe a comida en calquera das dúas cantinas da vila de Kaleköy, chantadas a pé do mar e envoltas no arrecendo da leña queimada e o peixe grellado.

- Porque un pode revivir en soños as loitas dos piratas turcos que se agachaban nas súas costas.

- Porque dar un paseo entre tumbas licias (algunhas dentro da auga) é unha experiencia imposíbel de esquecer.
Comentarios (3) - Categoría: Recunchos do mundo - Publicado o 30-05-2009 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Que envexa me dás, que viaxes máis alucinantes fas... iso si que son viaxes, e non os que fai todo o mundo, a aqueles sitios que non teñen máis que turistas, onde todo está prefabricado e dirixido#blgtk08# a eles, onde se ocultan as miserias e sempre atopas un McDonald's. Graciñas por tan bos consellos, e abofé que farei o posible por chegar algún día a visitar todos estes paraísos que nos ensinas.
Comentario por Eva Lozano (30-05-2009 17:08)
2 Non falo das miñas viaxes para dar envexa. Nada máis lonxe da miña intención, Eva. Falo delas por compartir lugares. Adoro viaxar. Nunca estaría parado nun mesmo lugar se puid#blgtk08#ese. Non hai equipaxe de retorno máis fermosa que todas as lembranzas que traes postas enriba dunha mesa ou penduradas da parede. Neste caso a parede ou a mesa son este blog.
Comentario por Xesus Constela (31-05-2009 12:17)
3 O chalao de Alejandro Magno pasou por aquí nunha das súas correrías. Non foi el quen espallou a cultura grega por#blgtk08# Asia, senón os sabios, artistas e canteiros, que levaron os templos, construíron as calzadas e falaron o grego.
Comentario por Guereñu (12-11-2012 19:45)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0