Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Yolanda Castaño no Xornal de Galicia
Baixo o título "A lingua do máis débil" publica hoxe Yolanda Castaño un máis que fermoso artigo no Xornal de Galicia.

Comeza con estas palabras:

"QUERO APRENDER a lingua do máis débil. A outra xa ma chantarán na carne con agullas, xa ma inocularán coma vacina obrigatoria, xa ma meterán na boca sen facer preguntas, xa ma enquistarán entre as febras dos músculos sen apenas darme conta. Irá nunha pílula imperiosa que fará niño nos estómagos, revestida de placebo. Química ilusoria, tragaráse con auga e fará sentir a todos ben."

Lédeo aquí, porque de verdade paga a pena.

Veña un grolo por Yolanda!

Comentarios (5) - Categoría: De literatura - Publicado o 29-05-2009 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Acabo de lelo que fermoso e aparte que boa crítica da realidade fai.O#blgtk08# que non o entende é porque non sabe ler.

Actualidade
Comentario por actualidade (29-05-2009 18:24)
2 É sinceramente magnífico#blgtk08#, no contido e na forma.
Comentario por Xesús Constela (29-05-2009 18:26)
3 Realmente fermoso, máis que un artigo nun xornal merece ser elevado á cat#blgtk08#egoría de "manifesto" e ser a carta magana dos defensores da nosa lingua.
Comentario por E Carpente (30-05-2009 16:57)
4 Xenial o artigo, en todos os aspectos. Eu teño un familiar moi cercano que pensa que é un incordio que na escola ensinen o galego, xa que aos seus fillos non lles vai valer para nada, primeiro porque falan castelán e segundo porque laboralmente necesitarán, segundo a súa opinión, o castelán. Eu expliqueille o que Yolanda comenta, que o castelán xa o teñen, que xa vén de serie, que en Galicia é o que hai, e o galego é máis necesario aprendelo na escola, porque en entornos onde non se fala é moi#blgtk08# difícil chegar ao tan prezado bilingüismo. E non me refiro ao que piden os de GB, senón ao real, á cultura que supón saber dúas linguas, para así tamén ter máis facilidade á hora de aprender moitas máis. A sorte que temos de ter dúas linguas pasa desapercibida para moita xente que prefire esquecer a que considera innecesaria, e mesmo inútil. Como pode ser inútil unha lingua que identifica a propia cultura, que é a propia identidade? Como podemos negarlles aos nosos fillos o seu coñecemento?
Comentario por Eva Lozano (30-05-2009 17:06)
5 Resúltame horrorosa toda esta controversia que hai ultimamente arredor da lingua, suscitada por un grupúsculo de ultraderei#blgtk08#ta (GB e FAES), alentada pola prensa dereitosa do país (La Voz) e utilizada políticamente polo PP. A verdade é que dá noxo.
Comentario por Xesús Constela (31-05-2009 12:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0