Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do cardeal Cañizares e os abusos sexuais
O cardeal Antonio Cañizares, prefecto da Congregación polo Culto Divino e a Disciplina dos Sacramentos do Vaticano afirmou que os continuados abusos sexuais a menores cometidos en colexios católicos de Irlanda son menos graves có aborto. (!!!)

O cardeal pediu perdón polos continuados abusos a menores cometidos en escolas católicas irlandesas entre os anos 50 e 80, pero precisou nunhas declaracións en Roma que ?o que puido ter acontecido nuns cantos colexios non é comparábel cos millóns de vidas destruídas polo aborto?.

Isto é botar balóns fóra! (Nos seremos malos, quen sabe?, pero hai cousas peores!)

Contra que mandamento estará a pecar este suxeito?
Comentarios (6) - Categoría: Persoas non gratas - Publicado o 28-05-2009 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Terrible, non pode ser, deberían metelos a todos no cárcere e levar inspectores a todos os centros educativos relixiosos, porque non sei#blgtk08# por que me dá que o problema pode continuar. Despois das declaracións do Papa en África sobre o preservativo calquera cousa é posible.
Comentario por Eva Lozano (28-05-2009 19:46)
2 Para min o peor é a hipoc#blgtk08#resía. Non podo con ela.
Comentario por Xesús Constela (28-05-2009 19:47)
3 A min dame arrepíos escoitar semellantes burradas. Os abusadores nunca se dan rehabilitado, sempre reinciden, penso que os relixiosos máis xa que todo o castigo que le#blgtk08#van é o cambialos de destino, con mandalos a outro lado xa está, e de paso teñen "gando novo". Pedir perdón no é bastante, hai que sacalos do medio. Qué asco me dan!.
Comentario por E Carpente (29-05-2009 00:54)
4 Por deus a igrexa sempre superandose a si mesma.Que se#blgtk08#rá o próximo a biblia será mais importante ca ciencia.
Comentario por actualidade (29-05-2009 02:00)
5 Non é para nada comparábel un dereito (o aborto) cun abuso. Impórtanlle mái#blgtk08#s á igrexa católica os fetos ca os seres humanos? A verdade é que arrepía!
Comentario por Xesús Constela (29-05-2009 10:10)
6 Á xerarquía cando se lle fala de sexo entra en trance...#blgtk08# cando son curas os pederastas nunca hai probas dabondo.
Comentario por Guereñu (12-11-2012 19:47)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0