Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Uxío Novoneyra e o Día das Letras
Aínda que nunca cansarei de dicir que no me gusta o xeito de celebrar as Letras Galegas nos dezasetes de maio, por iso de que no entendo que haxa que homenaxear a un escritor que leve morto polo menos dez anos*, quero dende aquí apoiar que o vindeiro homenaxeado sexa Uxío Novoneyra, tal como está a pedir o colectivo Amigos de Uxío Novoneyra, que acaba de entregar á Real Academia Galega un documento no que pide que se lle dedique o dezasete de maio do vindeiro ano 2010.

Veña un grolo por Uxío!

Flores de maio
nevando nos mazairos
pre que ún quede inda máis quedo
que ollandovos no alto


* Un autor ten que cumprir tres requerimentos para ser candidato: ter obra relevante en galego (obviamente), levar falecido dez anos (?) e ter o apoio de polo menos tres membros da Academia.
Comentarios (7) - Categoría: De literatura - Publicado o 27-05-2009 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Tes razón o de levar falecido dez anos non ten moito sentido.

Se pasa po#blgtk08#r aquí Eva Lozano que mire que ten un post enteiro para ela soiña en actualidade.Saudos
Comentario por atualidade (28-05-2009 08:44)
2 Pido de novo perdón, actualidade, pola metedura de pata e, esta vez si, recomendo a lectura do teu blog, divertido e ameno. Pensaba que aquela #blgtk08#opinión era túa, que eras unha especie de "infiltrado", mira ti, e cando lin a entrada completa xa non seguín lendo moito máis... Mea culpa...
Comentario por Eva Lozano (28-05-2009 14:12)
3 Se queres elimino o post.Non o fixen para que te sentises mal nen avergoñarte senón por que me chocou e querí aclaralo.Supuxen que n#blgtk08#on o sabías.saudos

pidoxe eu desculpas se te avergoñei ou te fixen sentir mal por adicarxe unha entreada no meu blog
Comentario por actualidade (28-05-2009 14:34)
4 Como comento no teu blog, non é necesario, xa está ben con que me entendas e perdoes. Graciñas por considerar esa #blgtk08#posibilidade, de todos os xeitos, pero supoño que quen lea a entrada tamén lerá os comentarios, así que xa está...
Comentario por Eva Lozano (28-05-2009 16:20)
5 Así me gusta, que vos levedes ben.
S#blgtk08#íntome un pouco coma un convidado de pedra.
Comentario por Xesús Constela (28-05-2009 17:41)
6 Eu quero abondar no requerimento dos 10 anos do pasamento para ser candidato. Supoño que non tardando moito ha se estudar liminalo, non vexo que estar vivo ou morto, ou que sexan 10 anos ou 5 vaia influir na calidade ou nos feitos do autor.

As cousas ben aclaradas #blgtk08#ben parecen, certo que o blog de "actualidade" está moi ben, pero como comenta outro visitante: "a retranca, é o que ten" Eva leva tempo fora e, como non é retanqueira no no pillara (eu tampouco). Tamén é moi interesante o post de "nito" onde se manifestan uns poucos científicos.
Comentario por E Carpente (28-05-2009 18:37)
7 O requerimento dos dez ano#blgtk08#s é un verdadeiro absurdo
Comentario por Xesús Constela (28-05-2009 18:58)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0