Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Umberto Eco e os libros

Achego unha fermosa frase de Umberto Eco en defensa dos libros en papel fronte aos dixitais:

"Se tivese que deixar unha mensaxe de futuro para a humanidade, faríao nun libro de papel e non nun disquete electrónico"

E por que di isto?

Acaba de presentar un novo libro que se titula Non esperedes librarvos dos libros no que di o seguinte:

"os disquetes de computador non existirán dentro de trinta anos mentres que os libros de mil anos de antigüidade consérvanse incunábeis"

E ten toda a razón do mundo!

Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 26-05-2009 21:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 parécenme unhas palabras moi acertadas as de Humberto Eco.
Quiza o que lles falta aos soporte#blgtk08#s tecnologicos sexa "a alma" que os libros se que teñen.
Alégrame volver lerche de novo xesus
Comentario por Quetu Armenteros (26-05-2009 22:04)
2 A tecnoloxía o que ten é que cambia continuamente, así que os que tiñamos unha peli de proxector de cando éramos pequenos pasámola a VHS e agora temos que volver a pasala a DVD e de aquí a un tempo vai ti a saber. Os libros non cambiaron dende que son libros, e eu sempre vin nos electrónicos unha simple alternativa de lectura, non unha ameaza#blgtk08#. Eu teño moitos no ordenador, que podo compartir facilmente con quen queira, sen necesidade de despois quedarme sen eles, como tantas veces pasa. A maxia dos libros que collemos e levamos para a cama, para a praia, para a praza... non morrerá nunca, e en ningún momento penso que poden chegar a desaparecer, de ningún xeito. Se non, ao tempo.
Comentario por Eva Lozano (27-05-2009 08:35)
3 E que me dicides do ulido dun libro cando o abres por primeira vez? A min hai algúns que me evocan a miña nenez e os primeiros anos do paso polo colexio#blgtk08#. Os libros non desaparecerán nunca. Cambiarán formatos e soportes, pero estou seguro de que sempre os imprimiremos para lelos máis comodamente.
Comentario por Xesús Constela (27-05-2009 13:26)
4 Penso que imprimir un libro, poñelo nun A4, asi, en follas soltas... non. Penso seguir mercando libros, o ulido do papel, que non é coma o de out#blgtk08#ro papel, iso so, xa é un pracer, e o tacto de algún ou as ilustracións, todo iso non hai maneira de metelo non CD. Veña un grolo polos libros!!
Comentario por E Carpente (28-05-2009 13:39)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0