Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

La Scala dei Turchi (Sicilia)

Vai achegándose o verán con esa calma que adoita tomar sempre o bo tempo por chegar ás nosas casas.

Propóñovos unha viaxe a unha praia única no mundo e por fortuna afastada (por canto tempo?) dos percorridos turísticos polo sul da illa de Sicilia.

Está preto da cidade de Agrigento e chámase Scala dei Turchi ("escaleira dos turcos").

Trátase dunha praia fermosísima a pé dun acantilado completamente branco de cal e pedra calcárea onde a erosión debuxou (ou esculpiu?) unha sorte de escaleira pola que se pode camiñar. De aí o nome. (Ninguén soubo explicarme por que se chama "dos turcos")

Paga a pena a visita porque é un deses lugares onde ademais dun bo baño tamén se lle pode dar liberdade á imaxinación.
Comentarios (2) - Categoría: Recunchos do mundo - Publicado o 22-05-2009 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Estiven mirando máis fotos na web, e é algo sorprendente, moi fermoso. Terémolo en conta, coas#blgtk08# ducias de viaxes que soñamos facer e agardamos algún día poder convertilos nunha realidade...
Comentario por Eva Lozano (25-05-2009 20:29)
2 Adoro viaxar, planear viaxes e logo facelos. Arelo descubrir os moitos mundos que aínda fican para min dentro deste mundo noso e logo peneiralos ben para contárllelos aos amigos. Non hai nada mellor que #blgtk08#o pracer de vaixar e abrir os horizontes, que o pracer de escoitar linguas diferentes e ulir aromas que non sabías nin que existían.
ide á Scala dei Turchi, un deses paraísos cercanos para soñar.
Comentario por xesusconstela (26-05-2009 10:35)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0