Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da presentación d'O peto da risa de Eva Lozano

O venres pasado tiven o pracer de asistir á presentación d'O peto da risa de Eva Lozano na Biblioteca Pública de Ponteareas. A autora, que staba acompañada polo amigo Francisco Castro, pola ilustradora do conto, a uruguaia María Noel, que fixo unha verdadeira obra de arte, e polo alcalde e o concelleiro de cultura de Ponteareas, explicounos aos presentes como xurdira a idea de escribir o texto e como mentres escribía visualizara en todo momento a actitude dos meniños máis pequenos ao longo do seu primeiro encontro coas letras.

O libro é verdadeiramente fermoso e dende aquí quero desexarlle moitos éxitos á autora.

Non quero rematar sen agardecer a fermosa lectura pública que fixo Bernardo Carpente de diversas pasaxes do libro.

Veña un grolo por todos eles!
Comentarios (4) - Categoría: De literatura - Publicado o 20-05-2009 18:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Graciñas por estar alí, Xesús. Canto sentín non poder falar máis contigo, e que non quedases á cea, que rematou ás tantas da mañá, veña a comer, un prato e outro máis, e a br#blgtk08#indar polo conto. Foi un día moi completo e quedei encantada con todo, sobre todo coa de visitas que recibín. A ver se cando volva a Galicia podemos quedar con máis calma...
Comentario por Eva Lozano (21-05-2009 10:57)
2 ¡Hola Jesús! Gracias por estar allí, fue muy lindo conocerte. Tanto Eva como yo apreciamos mucho el cariño recibido esa noche.Fue reconfortante.
¿Quedaron bien las fotos? Las cámaras de los mó#blgtk08#viles a veces dan problemas!!
Seguramente ya tendremos oportunidad de vernos nuevamente y poder charlar un rato. De momento te sigo a través de tu blog y de tu obra.
Un cariñoso abrazo
Comentario por María Noel Toledo (21-05-2009 12:34)
3 Aquí as únicas que merecedes as grazas sodes vos as dúas por facer esa pequena obriña de arte. Moita sorte e que veñan máis traballos que estamos a agardar por#blgtk08# eles. Pegúntasme polas fotos do móbil, María... Mellor non falar! A próxima vez levarei unha cámara de verdade.
Cando volvas por aquí, Eva, falaremos.
Comentario por Xesús Constela (21-05-2009 13:36)
4 Certo, Xesús foi un acto entrañable. Francisco contóu a orixe do "Peto da risa" talmente coma quen está no cuarto de estar tomando un café quentiño. Eva non quedou atrás, nin María, realmente parecía que todo era máxi#blgtk08#co, un cumio de coincidencias que non parece tan sinxelo que se dean. Gracias por estar alí, certamente que hai que facer algo para poder pasar un tempiño de vagar, nesa noite todo foi bonito, pero era outro o motivo.
Comentario por E Carpente (21-05-2009 17:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0