Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Catacombe dei Cappuccini. Palermo (Sicilia)
A orixe das catacumbas dos Capuchinos, na cidade de Palermo, en Sicilia, remóntase a finais do século XVI (O primeiro enterro producíuse no ano 1599)

As catacumbas son un lugar verdadeiramente sobrecolledor. Acollen milleiros de cadáveres de frades e de persoeiros da cidade que tiñan cartos abondo para facerse momificar.

Nos corredores os mortos están colocados en cadaleitos destapados ou pendurados das paredes de xeito que o visitante camiña entre eles.

Hai seccións para os nenos, para as virxes, para as mulleres, para os varóns, para os sacerdotes, para os profesores e para os artistas.

Especialmente impactante é a capela dos nenos, que, en medio de outros dous ataudes con nenas, acolle o cadaleito da pequena Rosalia Lombardo,(a da fotografía) que morreu de pneumonía no ano 1920 e semella estar durmida. Foi a derradeira incorporación a esta especie de museo da morte. Seus pais pasaben cada certo tempo polas catacumbas para peitear o cadáver e para vestilo con roupas novas. Por iso a pequena loce ese lazo no cabelo.

As momias, en diferentes estados de conservación, están todas vestidas coas súas mellores galas: uniformes militares, vestidos de seda...

Unha máis que interesante visita se se viaxa a Sicilia.

Non apto para sensibilidades febles.
Comentarios (3) - Categoría: Recunchos do mundo - Publicado o 19-05-2009 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Curiosa cousa esta das catacumbas. Sempre pensei que as catacumbas eran cou#blgtk08#sa do século I. A meniña está moi linda, pero debe arrepiar vela "in situ".
Comentario por Eva Carpente (19-05-2009 21:46)
2 Non, non, eu non podo nin mir#blgtk08#ar a foto, así que imaxina...
Comentario por Eva Lozano (20-05-2009 11:56)
3 No inte da entrada a cousa arrepía un pouco. Hai que recoñecelo. E logo hai mortos que verdadeiramente impresionan. lgo de estar unha hora dentro a se#blgtk08#nsación é de que estás no interuior dun museo. Pero non vale para sensiblidades febles, insisto. Comprendo que haxa xente á que lle horrorice entrar.
Comentario por Xesús Constela (20-05-2009 18:06)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0