Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Víctor Jara: El derecho de vivir en paz
Unha pequena homenaxe persoal a Víctor Jara, que encheu de cancións revolucionarias a miña adolescencia, cando aínda nos pensabamos todos capaces de cambiar o mundo, cando destilabamos poemas de amor a unha revolución que nunca chegou...

Veña pois un grolo polas revolucións polas que tanto loitamos e nunca chegaron. (Pódese ter saudade de algo que nunca foi?)

E outro grolo polas longas conversas onde se debatía o devir do mundo e a necesidade de cambialo todo, que nada valía, que todo era caducidade. (Agora as ideas véndense á beira das caixas dos hipermercados)

E outro grolo máis polas palabras, polos conceptos, polas consignas, que escachan cando caen ao chan fráxiles coma pequenas alfaias...

Sirva tamén esta canción de Víctor Jara coma tributo a todos os pobos asoballados deste mundo inxusto que nos tocou vivir (lembrade os padecementos do pobo támil en Sri Lanka), e a todas as persoas que viven debaixo dunha bota esmagadora.

Viva o Primeiro de Maio!

Comentarios (6) - Categoría: Sala de música - Publicado o 30-04-2009 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Eu vivín unha pequena parte desa época a través dos meus tíos, de ben pequena, aprendendo aquelas cancións sen saber moi ben o que querían dicir. Agora os tempos cambiaron moito, e a xente nova non loita do mesmo xeito contra as inxustizas contemporáneas, pero están aí, facendo o que poden, que coma sempre é ben pouco, e moitos deles teñen, coma antes, as mesmas ganas de cambiar o mundo. Naqueles tempos tampouco eran todos os xoves os que loitaban, moitos deles si, pero a gran m#blgtk08#aioría tragaba e andaba da misa á casa e da casa ao Instituto. Isto ben a conto desa idea que normalmente temos de que a xuventude hoxe en día non ten ideais e "pasa de todo". O que cambiou é que agora aquí xa non vivimos nunha dictadura, pero aínda quedan moitos países que si a padecen, e a xente nova está atenta a estas cousas, repito, non todos, pero si moitos deles. Por certo, o tema de Sri Lanka xa vai saíndo nos telexornais, xustamente agora que tentaron parar os ataques.
Comentario por Eva Lozano (30-04-2009 23:35)
2 Supoño que a vida é un continuo repetir etapas anteriores. Nós tiñamos un ideais que moitas veces se escacharon contra o pavimento das estradas e das rúas. E será iso o que os vellos daban en chamar "lei de vida" quizais?
En todos os recunchos do mundo, chámense como se chamen, hai xente a loitar, non me cabe dúbida ningunha. E tamén estou seguro de que os seus ideais en moitas ocasións van ser máis fortes que ese pavimento que os pretenderá escachar.
por iso mundo ten aínda algo de valor, por ese empeño de moitos para facelo máis xusto e máis verdadeiro. As grandes loitas#blgtk08# de hoxendía líbranse fóra do campo de visión dos telexornais, que llelo digan se non a todos eses subsaharianos que cruzan o mar pola noite na procura dun soño que non existe e que identifican con nós. Que llelo digan aos palestinos que cruzan tamén pola noite os túneles de Gaza na procura de sustento (auga, comida, medicamentos...) Que llelo digan a esa muller que rompe o lombo día tras día a limpar un edificio de oficinas de Wall Street para gañar catro patacos cos que pagar o metro e algop de comida para levar a casa.
Eses son os meus grandes heroes!
Eses e non outros.
Comentario por Xesús Constela (01-05-2009 11:17)
3 Tes toda a razón. Os que o temos todo non podemos nin imaxinar como pode ser a vida deses heroes de verdade. O mundo non é xusto e cada un busca mellorar o que ten, sexa na escala que sexa. Vivir en guerra é case morrer, e emigrar nas circunstancias nas que o fan os que mencionas tamén. Que pouquiño podemos facer por eles, agás aceptalos como se merecen. Aquí ás veces #blgtk08#teño que aguantar comentarios sobre eles arrepiantes, como que reciben moitas axudas da Generalitat, e eu fártome de defendelos, coitados, se as merecen, se os poderosos son os que os poden axudar, que pode haber de malo niso? Se os de aquí tamén merecen esas axudas pois que loiten por elas, pero que non llas intenten quitar aos outros, que pobres, xa bastante pasaron.
Comentario por Eva Lozano (01-05-2009 12:52)
4 Unha curiosidade que relaciona os dous últimos vídeos musicais. Por certo, fermosísima canción a de Víctor Jara, esta e todas as que o pobre foi quen de compoñer na súa curta carreira:

The Clash sing about Jara in the song "Washington Bullets" on their 1980 al#blgtk08#bum Sandinista!. Joe Strummer sings "As every cell in Chile will tell, the cries of the tortured men, Remember Allende in the days before, before the army came, Please remember Victor Jara, in the Santiago Stadium, Es Verdad, those Washington Bullets again."

Comentario por Eva Lozano (01-05-2009 13:03)
5 Hei localizar en internet a canción e The C#blgtk08#lash. a ver se atopo o vídeo. Grazas, Eva.
Comentario por Xesús Constela (02-05-2009 20:21)
6 O golpe de estado en Chile en 1973 e a información que se deu sobre el en "Triunfo" fixo que cobrase eu conciencia de moitas co#blgtk08#usas. Empecei a escoitar música de Víctor Jara, fun entusiasta da revolución de Allende e aínda hoxe alimentan os meus ideais.
Comentario por Guereñu (12-11-2012 19:40)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0