Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Obadoiro no CEIP Alexandre Bóveda de Chapela, Redondela.
Levo varios días a impartir un obradoiro de creación literaria para a rapazada de sexto de primaria do CEIP Alexandre Bóveda de Redondela.

Estou xa no ecuador.

Acabamos de rematar a parte de poesía e estou realmente abraiado cos poemas que están a a facer os rapaces, que non deixan de me sorprender coa súa capacidade de traballo.

Nótase que detrás deles están os esforzos diarios da súa mestra Laura Goldar.

Entrade no blog da súa biblioteca, que se chama CARACOLATOLA.

E aquí tedes os seus traballos:
Obradoiro de creación literaria

Veña un grolo polos cativos de Chapela e pola súa mestra!
Comentarios (3) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 29-04-2009 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Fermosos traballos, e fermosa idea, é un xogo que desperta a sensibilidade dos rapaces. Nas tardes do verán nas que non se podía ir á praia xogabam#blgtk08#os a facer poemas polo mesmo sistema, non era ese o nome que lle dabamos ao xogo, pero botabamos a tarde enteira. Agora disfruto moito cos centóns.
Comentario por E Carpente (29-04-2009 22:19)
2 Xenial, Xesús, xa pasei pola páxina e é unha gozada (xa deixei un par de comentarios tamén). Este tipo de actividades gústanlle moito aos nenos e despertan toda a súa creatividade dun xeito moi puro e ao mesmo tempo divertido. Só hai que mirar a#blgtk08#s fotos do blog para velo. Eu tamén alucinei cando o fixen por aquí, e é que os cativos gardan dentro milleiros de ideas que nos tocan moi fondo cando as deixan voar. Son grandes escritores, sen dúbida, toda unha esperanza para as nosas letras.
Comentario por Eva Lozano (29-04-2009 22:38)
3 Sempre comparo a escrita cun manancial interior do que sae auga sen parar. Unha billa. Por iso escribo eu, polo menos. Os cativos son un verdadeiro torrente que non pode menos que abr#blgtk08#aiar, un torrente imparábel, agarimoso, sincero e, por riba de todo, moi agradecido. Un pracer traballar con eles. A que son fermosos os seus traballos? Son dunha sinceridade única.
Comentario por Xesús Constela (30-04-2009 17:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0