Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da asiciación Cultural Garipano
A Asociación Cultural Garipano formouse en Santiago de compostela co propósito firme de conseguir eliminar os significados pexorativos que se poden ollar no dicionario da RAE (Real Academia Española, www.rae.es) sobre o termo "gallego".

A RAE define o "gallego" como:

5. adj.C.Rica. Tonto (falto de entendimiento o razón).

6. adj.El Salv. Tartamudo.7. m.Lengua de los gallegos..

*Mesa gallega / Mesa de gallegos: Aquella en que falta pan de trigo.
* Hacer mesa gallega: llevarse todo el dinero del contrario en el juego.


Para conseguiren o que propoñen, están a realizar unha recollida masiva de sinaturas na súa páxina web:
http://www.aproldalinguagalega.org

Se queredes ofrecer a vosa sinatura, e, deste xeito, o voso apoio á campaña, podedes acudir á sección Asina!/Assina!/¡Firma! . Unha vez alá, podedes asinar en Apoios Individuais en calquera das ligazóns ofrecidas.

A web tamén permite a recollida de sinaturas de xeito colectivo.


Comentarios (2) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 19-04-2009 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Si, o outro día escoitei a noticia nalgún telediario e non podía crelo. A verdade é que non tiña nin idea e non sei como chegou a acontecer unha cous#blgtk08#a así. Coido que a noticia tamén deixaba clara a decisión de cambiar esta barbaridade, supoño que na próxima revisión do texto. Vaia fama que temos!
Comentario por Eva Lozano (19-04-2009 21:01)
2 A próxima revisión do exto é para o 2013, seica. Proba a entrar no dicionario e procura "#blgtk08#gallego", e logo procura "catalán". Verás que diferencia de definicións. Non hai dereito!
Comentario por Xesús Constela (20-04-2009 19:47)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0