Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

O galego é útil
Un grupo de galegos/as en Londres elaborou un manifesto que resalta a
utilidade do galego fóra das fronteiras administrativas.

Achégovos a ligazón:

http://ogalegoeutil.wordpress.com/

para que o poidades ver e valorar a vosa adhesión ao mesmo a través do correo
electrónico:

galegosmorrinhentos@googlemail.com
Comentarios (4) - Categoría: Da lingua de nós - Publicado o 17-04-2009 19:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Veño de ler no xornal "La Voz de Galicia", na sección de Cultura, un artigo no que se da conta da esixencia da Aula Castelao para o galego do "lugar prioritario que lle corresponde", así como que o currículo escolar sexa laico. Non creo que teña que dicir que estou de acordo, non era este o tema do meu comentario. se non máis ben o problema que se me orixinou ao ler o artigo nun xornal que se di galego, que se chama "La Voz de Galicia" ¿non se podería ter escrito un artigo que fala do galego precisamente en galego?, a min causoume un aquél de vertixe tendo que mudar do galego ao castelán cada 10 ou 12 palabras, xa #blgtk08#que a xornalista María Conde entrecomilla parágrafos do manifesto, resumo ou nota da Aula Cstelao e fai os comentarios sobre o tema en castelán. Non me gustou nadiña. En ocasións coma ésta é onde se podería comprobar a intención real de un bilingüismo tan cacarexado. Ás veces ocórreseme que se son tan partidarios do biligüismo poderían facer o xornal con ese criterio. Hoxe sábado na sección de cultura hai 8 artigos, só 2 están en galeg,o e supoño que é así porque pola pinta deben ser notas de prensa remitidas polos colectivos dos que se fala. Esto último non me consta e si non é así pido perdón e retiro a opinión.
Comentario por E Carpente (18-04-2009 13:02)
2 La Voz de galicia leva anos a editar opinións malintencionadas contra o galego. Mesmo hai xornalistas aos que se lles vetou o seu uso. Digo "vetou" por non dicir directamente "prohibiu", que sería quizais máis acaído.
Nas pasadas eleccións o seu editor xefe, ou director, ou como queira que se chame, decidiu por fin tirar a má#blgtk08#scara e aliñarse coa prensa máis dereitosa española (La Razón, El Mundo, a Cope...) e non deixou de editar mentiras e noticias que estaban convenientemente retocadas para facer dano á esquerda.
É terribel que ese lixo sexa o diario de meirande tirada. Temos que deixar de lelo e pedir que a xente non o merque.
Boicot!
Comentario por Xesúa Constela (18-04-2009 18:32)
3 Boa idea o do boicot, que carallo, que nin é a Voz de Galicia nin a dos galegos, ou si, claro, despois do resultado das eleccións... Pero é be#blgtk08#n certo que é absolutamente ridículo que en Galicia non existan xornais maioritarios en galego. Incrible, vergoñento e absolutamente inxusto.
Comentario por Eva Lozano (19-04-2009 20:26)
4 Por certo, que encantoume o manifesto, ten toda a razón do mundo, a min pasoume o mesmo coa aprendizaxe do catal#blgtk08#án e o portugués, que o galego me axudou moitísimo, e agora mesmo vou enviar un escrito apoiando todo o que din.
Comentario por Eva Lozano (19-04-2009 20:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0