Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De Roberto Saviano

Veño de rematar Gomorra de Roberto Saviano.

Supoño que dados os contidos do libro no momento de publicalo o autor valorou as posibilidades dunha vinganza por parte da Camorra, aínda que (polo que lin nalgunha entrevista) nin remotamente sospeitase que a súa via ía acabar convertida no inferno no que trocou.

A derradeira frase do libro é ben orientativa de que tiña calculado as posibilidades desa vinganza:
"-Malditos bastardos, aínda estou vivo!"

Grazas a Saviano:
- tiven coñecemento das atrocidades nas que se moven as mafias xa non só de Nápoles senón do sul de Italia enteiro: Cosa Nostra, Camorra, etc...
- souben das ramificacións desas organizacións por toda Europa adiante (Mediterráneo español, sobre todo) para branquexar diñeiro, por América Latina, para tráfico de drogas, por China para tráfico de persoas en réxime de escravitude, por Europa do Este para tráfico de armas...
- souben que cada ano morren asasinadas centos de persoas nun mundo (ese sur de Italia) no que as únicas leis que as mafias recoñecen parecen ser a do silencio e a do Kalashnikov.
- souben dos milleiros de menores que se moven por Italia adiante para vender toda caste de drogas e son cambiados de cidade en cidade para evitar a identificación policial.
- souben de como se cortan as drogas con toda sorte de sustancias e de como por mor diso morren cada ano centos de mozos e mozas nas rúas de Nápoles e arredores.
- souben de como o sul de Italia se converteu por mor das mafias no vertedoiro de sustancias tóxicas de toda a Europa máis desenvolvida.

Souben, en fin, de tantas e tantas atrocidades que convido a todo o mundo á lectura do libro, aínda que só sexa coma testemuño de solidariedade co seu autor.

Veña un grolo por Roberto Saviano!
Comentarios (5) - Categoría: De literatura - Publicado o 24-03-2009 18:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Veña ese grolo por un home valente! pola testemuña de un mundo sórdido que non é patrimonio do sul de Italia. Seguro que sabía de sobra a qué se estaba arriscando, alguén ten que denunciar o que está a pasar #blgtk08#diante das nosas caras. Non é dificil mirar para outro lado, cando non coñeces a realidade vives máis tranquilo, pero esa postura cómoda é parte do sistema, é unha postura egoísta que non che garante nada bo.
Comentario por E Carpente (24-03-2009 19:45)
2 Non é nada doado atopar xente an arriscada, non si? O libro contén nomes, enderezos, alcumes, datos familiares...
Pon os pelos de punta.
Como solucionar esa lacra estendida polo mundo enteiro?
A globalización, aínda por riba, fixo q#blgtk08#ue unhas mafias e outras entren en cointacto. Son unha rede global en todos os aspectos. Unha rede estensa con centros de poder en Latinoamérica, Sicilia, Nápoles, China e o Este de Europa, sobre todo Rusia.
Lede o libro, que paga a pena.
Comentario por Xesús Constela (24-03-2009 20:48)
3 Eu o libro regaleillo ao meu compañeiro no Nadal, pero dende entón acumúlaseme o chollo e o teño aí, agardando a que termine os que teño pendentes. Lereino, claro que si, aínda que sei que é moi duro e non sei que me dá... Seica S#blgtk08#aviano xa ten outro libro no mercado, "Lo contrario de la muerte", compuesto por dos relatos, el que le da título (sobre una italiana viuda de un soldado que luchaba en Afganistán) y "El anillo", donde también habla de su tierra.
Comentario por Eva Lozano (25-03-2009 00:27)
4 Mi madriña! Como se notou que viña de ler sobre o novo libro de Saviano, do que non#blgtk08# lembraba o título, e de súpeto seguín escribindo nun perfecto castelán... Perdón!
Comentario por Eva Lozano (25-03-2009 00:29)
5 Haberá que ler esoutro libro de Saviano. Este de Gomorra#blgtk08# é moi, moi cru, sobre todo no tocante a nenos e drogas.
Comentario por Xesús Constela (25-03-2009 13:03)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0