Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

The Burren (Irlanda)

Son un namorado de Irlanda. Hei recoñecelo. Teño viaxado alí moitas veces e sempe que vou descubro algo que antes non vira.

Propóñovos unha viaxe virtual a una zona chamada The Burren, no condado de Clare, a metade de camiño entre as cidades de Galway e Limerick.

O nome procede da palabra gaélica bhoireann, que é algo así como "terra chea de rochas", porque diso se trata, dun territorio rochoso e árido.

Tan árido que arredor do ano 1640 Oliver Cromwell o describiu coma "un territorio salvaxe (aínda conserva algo dese encanto) onde non se pode atopar auga abondo para afogar un home, nin unha árbore onde aforcalo, e nin sequera terra onde logo enterralo".

E é certo!

Trátase dun terreo onde non existe vexetación ningunha (algo insólito en Irlanda) porque non hai terra, senón unha inmensidade de rocha calcárea rota por millóns de fendas.

En medio e medio da deserta meseta de pedra aínda resiste o paso do tempo o vello dolmen de Poulnabrone a desafiar o implacábel transcorrer os séculos.

Se tedes a oportunidade non deixedes de visitalo.

Habedes ficar abraiados.



Comentarios (4) - Categoría: Recunchos do mundo - Publicado o 17-03-2009 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Que fermosura. Encantaríame ir a Irlanda, é unha asignatura pendente. Sei que é un país irmán, e, como á Bretaña, algún día terei que ir. Son lugares belísimos que non nos podemos perder. Eu coñecín moito Inglaterra, nos meus tempos de estudante, pero nunca fun aprender inglés a Irlanda, como algúns compa#blgtk08#ñeiros fixeron. Cousas da vida, e do destino. Inglaterra é tamén moi fermosa, pero Irlanda, polas fotos que teño visto, é unha terra máxica. Tamén as Highlands escocesas, que é outro dos lugares que me encantaría visitar. Non sei cando terei tempo de ir a esas terras, pero nin que sexa de xubilada, irei!
Comentario por Eva Lozano (18-03-2009 13:18)
2 Ola Xesús e amigos Bloqueir@s:
Fermosos paraxes ,polo que vexo ,xa tiña visto esas corredoiras de pedra,sempre me chamaron a atención.Eses paraxes producenme unha impresión bel#blgtk08#a e ao mesmo tempo dunha saudade inexplicable.Encantame a pedra ,sempre me gustou,Irlanda ten que ser como ti dis ,unha terra que deixa un poso na ialma.
Apertas agarimosas.
Comentario por xose Cerdeira (18-03-2009 14:49)
3 Eva: Perdécheste dous dos lugares máis fermosos das Illas Británicas: Escocia e Irlanda. Non podes perder a oportunidade de visitalos algún día. Hante sorprender. Non teño ningunha dúbida.
Xosé: É inmensa esa coredoira de pedra. quilómet#blgtk08#ros e quilómetros unha aridez realmente fermosa, porque como Irlanda é o gran reino das humidades entre as fendas da rocha medran matiñas e flores a milleiros. Non hai terra, pero avexetación é sabia e sempre procura o xeito de abrirse camiño.
Comentario por Xesús Constela (19-03-2009 10:15)
4 Hai fontes que revelan que cando o rei Enrique II de Inglaterra e os seus guerreiros ocuparon estas terras no século XII, o coñecer esta comarca argumentaron que se trataba dunha terra esteril e, polo tan#blgtk08#to, sen interés para os nativos, polo que estaba xustificada a ocupación por parte de terratenentes ingles. Alí empezou o conflito aínda non resolto de todo e que tivo nos séculos XIX e XX o seu clímax.
Comentario por Guereñu (12-11-2012 19:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0