Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

A calzada do xigante (Irlanda)
O xigante Fionn mac Cumhail constuíu na costa do condado de Antrim na rexión do Ulster, en Irlanda,
unha calzada para abrirse paso a través do mar e chegar canda a súa amada, que vivía na illa de Staffa, en Escocia.

Non conta a lenda se os amantes chegaron a reunirse, pero o que podo asegurar é que as obras do xigante deron lugar á costa máis singular que vin na miña vida, un lugar ideal para liberar a mente e deixala voar polos roteiros da imaxinación mentres se escoita o ruído do mar a bater co forza contra a costa.

Un lugar para soñar!

Comentarios (2) - Categoría: Recunchos do mundo - Publicado o 15-03-2009 20:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Que fermoso lugar, sen dúbida. Boteille unha ollada á páxina e as fotos son espectaculares. O ruído do mar, sexa na parte do mundo que sexa, sempre nos transporta a outro estado, relaxa e acolle a nosa mente para#blgtk08# mecela coma un bebé. Que marabilla. En Galicia, por certo, non quedamos atrás coa beleza das nosas costas. E o océano a bater contra as rochas ten o mesmo poder, e a mesma forza. Unha sorte poder telo preto, eh?
Comentario por Eva Lozano (16-03-2009 10:59)
2 A Calzada do Xigante é un dos lugares máis singulares que vin na miña vida. Ten a apariencia dun enorme crebacabezas que alguén coloco#blgtk08#u no acantilado coas pezas perfectamente ensambladas. Asegúroche que se ve o labor do xigante alí a construír a calzada día tras día.
Comentario por Xesús Constela (17-03-2009 13:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0