Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da promoción exterior da literatura galega

Quixera achegar para o debate algunhas eivas da promoción exterior da nosa literatura:

1.- Os editores xogaron un máis que importante e sobranceiro papel na historia da literatura en tempos moi difíciles nos que publicar en galego era máis ca un acto de fe (ou militancia, se se pefire a palabra) Pero non poden quedar aí. Se unha conserveira non actualiza os seus sistemas de mercado e publicidade está condenada a desaparecer por moi bo que sexa o produto que comercializa.

2.- Non pode o sistema vivir eternamente da artesanía e da boa vontade dos autores. Cómpre procurar xeitos para poder acadar unha mínima profesionalización (hoxe unha entelequia). Que acontecería coa obra de Picasso se cada mañá tivese que ir ao colexio a dar as súas clases de plástica?

3.- Loubo moito a tradución de obras estranxeiras ao galego. Por fin podemos acceder a grandes pezas da literatura contemporánea sen termos necesidade de pasar polo español. Pero non hai xeitos de asinar contratos/convenios (chámese como se queira) que permitan o acceso dos escritores galegos a axencias literarias ou editoriais que permitan o salto ao exterior?

4.- O futuro da literatura de nós pasa pola tradución e por facernos un lugar, aínda que sexa mínimo, no exterior, por abrirnos paso para facernos ver. Ou iso ou acabar coma os troveiros occitanos.

5.- Se non hai axuda das institucións políticas (e menos agora co que nos vén enriba) cómpre atopar outros xeitos de financiamento.

6.- Ou ampliamos a pucharca onde nadamos ou a auga desaparece.

7.- Quen diga que non escribe para acadar cantos máis lectores mellor minte. (Que llelo digan a Auster ou a Murakami, mesmo a Rivas)
Comentarios (2) - Categoría: De literatura - Publicado o 13-03-2009 19:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Tes toda a razón. Como comentaba no post anterior a literatura galega non está suficientemente promocionada como para acadar os éxitos da literatura, por exemplo, en castelán ou mesmo en catalán. De todos os xeitos, o da publicidade pode crear tamén "falsos" mitos, e encumbrar obras de peor calidade que outras só polo feito de ter detrás un ou outro "mecenas". Como se comenta no blog de Francisco Castro, temos que enfrontarnos a famosillos que se lanzan a escribir e venden máis que os auténticos escritores. O das traducións, que queres que che diga, vai com#blgtk08#o vai. Falta un interese exterior pola literatura galega que non sexa Rivas e Suso de Toro. É o único que se traduce fóra. O Galeusca pode axudar ás traducións entre galego, vasco e catalán, pero xa está. O outro ten que vir con experimentos como o que estou a facer con Francisco, presentando ás editoriais, por propia iniciativa, as traducións que teño ao castelán, esperando unha resposta... Xa che digo, ao final, igual collen antes a túa ao catalán, por vir doutra lingua "minoritaria" que as que teño ao castelán, porque a competencia é moito máis brutal...
Comentario por Eva Lozano (14-03-2009 14:18)
2 Iso de promocionar "falsos" escritores é unha práctica que lles resulta moi rendíbel ás editoriais. É algo realmente vergoñento. Poñen o nome dun famoso na portada dun libro moitas veces no escrito por el e véndeno a moreas.
O editores galegos teñen que`procurar o xeito de traducir e vender o seu "produto" no exterior. Será bo para a literatura galega e, como non, para eles mesmos.
Fan experimentos con autores que agora non vou mencionar e sorpréndense de que logo #blgtk08#da promoción aumente o número de edicións. Detrás dalgún deses experimentos hai algunha coñecida axencia literaria con sede en Barcelona. Logo non é o editor que promociona, é o axente.
Aquí estamos a sachar leiras coas mans. A edición é, coma todo, unha industria moi incipiente e aínda han pasar anos anos de que comecemos a ver que realmente funciona ben. Dan tímidos pasos en boa dirección os editors, pero é cuestión de dar grandes alancadas. De non facelo non avanzamos.
Comentario por Xesús Constela (15-03-2009 18:49)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0