Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

De baleas que van morrer ás praias

Aconteceu na illa de King, en Tasmania.

Preto de 200 baleas piloto que ficaron varadas ao longo da pasada mañanciña puideron ser rescatadas, pero 130 morreron afogadas.

Empezaron a chegar á praia perante o abraio dalgúns residentes.

Dende finais de novembro, unhas 200 baleas morreron asfixiadas na illa de Tasmania e noutras praias do sur de Australia.

Os científicos atribúen o fenómeno a que se senten atraídas polo sónar de grandes buques ou porque van detrás dun líder enfermo desorientado.

Non quero sinalar, por respecto aos animais, os símiles que me veñen á cabeza coas recentes eleccións galegas...
Comentarios (1) - Categoría: De animais maltratados - Publicado o 02-03-2009 21:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 A min paréceme moi raro que poidan morrer tantas baleas por unha razón así, xa que entón isto pasaría día si e día tamén. Tampouco teño nin idea de cal pode ser a causa, a verdade. É moi triste, sexa cal sexa a razón. Un panorama desolador.
O das eleccións galegas é algo tamén moi triste, pero non tanto. Agora os que están na oposición teñen que aproveitar para debuxar un novo proxecto de futuro, que convenza máis aos electores, que lles faga recuperar a confianza perdida. Oín que unha das razóns, á parte da crise, era o mal funcionamento do bipartido. Teñen que aprender a gobernar xuntos, a todo se aprende. Ao estar a esquerda dividida hai #blgtk08#que ter moi boa disposición para acadar un bo entendemento e poder facer as cousas ben. Comentan que Quintana ía de Presidente, que se lle subira un pouco á cabeza o cargo e cousas así. Non sei, coido que un Vicepresidente ten moito poder para co-gobernar e facer realidade os seus proxectos. Supoño que falan da humildade, que logo tamén de seguida criticarían como falta de personalidade ou de carisma. Así que é moi complicado todo isto da política. Ou non. Porque o caso é que Galicia segue a ser PePera e xa está, dá igual todo o resto, é o que hai. Tampouco é nada novo. Agora a cruzar os dedos e a desexar o mellor para Galicia. Non nos queda outra.
Comentario por Eva Lozano (03-03-2009 12:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0