Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Reflexións para a xornada

Reflexións para a xornada:

1º O pobo galego ten tendencia a votar o inimigo.

2º O pobo galego quizais necesitase unha longa e teimuda terapia colectiva para se desfacer do auto-odio e para lle facer subir a autoestima. Para cando comezala?

3º O pobo galego renega de si mesmo de tal xeito que semella estar a se facer o harakiri xa dende os remotos tempos da Idade Media.

4º O pobo galego non merece a predominante mediocridade da clase política que sobrevoa por riba das súas cabezas.

5º O pobo galego leva moitos séculos de maltrato...

A ver que votades mañá!

Comentarios (3) - Categoría: De andar pola casa - Publicado o 28-02-2009 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Que chuloooo!!! Encantoume, que completo, e que ben feito!!! Hoxe son as eleccións, e estarei pendente dos resultados. Como dixen o outro día, quen me dera estar alá, e poder votar#blgtk08#, e poder vivir o ambiente electoral. Só desexo que a xente vote o mellor para todos, e que Galicia vaia cara adiante, que é a dirección máis lóxica que debe tomar. Moita sorte!!!
Comentario por Eva Lozano (01-03-2009 13:47)
2 Esta foi a campaña máis noxenta de todas as que levamos. O PP fixo de todo por volver acadar o poder: insultos, descalificacións persoais, rumores...
É #blgtk08#unha campaña e son unhas eleccións ao borde do ataque de nervios.
E o de sempre: Se vives en Arxentina e nunca estiveches aquí na túa vida podes votar!
Comentario por xesusconstela (01-03-2009 18:31)
3 Pois eu estiven a mirar as normas para poder votar por correo e só contemplaban á xente que estaba "de paso" polo estranxeiro, por negocios ou así, sen embargo na práctica votan moitísimos, e nós, os emigrants da península, non podemos votar. Mira ti, ao final a campaña máis noxenta foi a que os levou de novo ao poder. Eu non a seguín, pero miña nai tamén me comentou o mesmo, ela que si que anda en política. Agora a ver o que pasa, e a esperar que fagan o mellor polo pobo, e que sigan cara adiante, eu que#blgtk08# sei, sexamos un chisco optimistas. Sei que non é fácil, eu temo polo galego, polas galescolas, polas liberdades... Pero os políticos, normalmente, queren o mellor para o país e sempre fan cousas boas e cousas non tan boas. Estas últimas son as que temo do PP, ademais da corrupción, do amiguismo e todo iso ao que nos teñen acostumados. Que volva a dereita é unha consecuencia da crise, que pide cambios en todos os aspectos. Aquí non me cabe a menor dúbida de que volverá CIU. Que todo vaia o mellor posible!
Comentario por Eva Lozano (02-03-2009 13:05)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0