Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da presentación de Shakespeare destilado en Pontevedra

Onte vivín un dos seráns máis fermosos da miña traxectoria como escritor.

Estes foron os ingredientes:
- A presenza dun máis que nutrido público entre os que se atopaban persoas ás que quero de verdade.
- A grata compaña de Antón Riveiro Coello, Xaime Toxo e Carlos Lema na mesa.
- A voz de Erika e a guitarra de Jonathan do grupo Thanrika, que mesmo tocaron para min unha canción que é unha das miñas favoritas, The House of the Rising Sun, que Jonathan toca e canta de vicio.
- A cea e os gin tonics compartidos á noite con Xosé Monteagudo, Adolfo Caamaño e Xaime Toxo. (Fomos destilar a Shakespeare unha vez máis)

Se a escrita é un labor verdadeiramente solitario o favor do público é o mellor que lle pode pasara aun escritor e onte sentino dun xeito como nunca antes me acontecera.

Veña, logo, un bo grolo por todos os que me aledaron a vida onte coa súa calor!

Comentarios (4) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 14-02-2009 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Que ben, canto me alegro de que fose todo un éxito, non me estraña nada... Par#blgtk08#abéns, Xesús! A ver cando podemos facer presentacións tamén por estas terras!
Comentario por Eva Lozano (15-02-2009 13:37)
2 Xesús :
Podes estar contento porque o acto en si estivo de maravilla,o debate tremendamente pedadoxico,moi ben todos os da mesa,moi ben o grupo musical ,moi ben o publico ,moi conectado quimicamente e culturalmente contigo ( xa o contraste no 2003 na presentación d#blgtk08#o teu primeir livro).Moita calidade no ambiente "e ti destilaches un moi ben facer e un entusiasmo contaxiante".Enhoraboas....bueno ...e unha cousa mais ¿non?...coñocemenos..foi un pracere.
Saudos agarimoso,tamen pra ilustre compañeira de comentarios .
Comentario por Xose Cerdeira (15-02-2009 18:09)
3 Vivan os comentarios que destilades día tras día! Agora os#blgtk08# vosos nomes teñen unha cara tamén. Veña un grolo por vós!
Comentario por xesusconstela (15-02-2009 18:16)
4 Un pracer comentar con xente tan estupenda, tanto aquí coma no blog do náufrago. Quen me dera estar aí para compartir ta#blgtk08#mén eses momentos de presentacións, conferencias e encontros culturais, co ben que o pasades. Estou co corazón, iso si.
Comentario por Eva Lozano (15-02-2009 21:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0