Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Do caso que se nos fai aos escritores galegos
O meu amigo Xosé Monteagudo di que comparte comigo a diagnose en cinco puntos que fixen da literaura galega como resposta á pregunta

Cre vostede que se lle fai o suficiente caso aos escritores de Galicia?

que me fixeron no blog de Galaxia.

Repito, entón, o que dixen naquel momento:

1.- Librarías: Cando un entra na meirande parte das librarías case ten que bucear (sen tubo nin gafas nin bombona, chámase apnea?)para atopar o lugar onde está agachada a literatura en galego, se é que a hai (xa non só a literatura galega: dáse o caso das traducións de Paul Auster, por exemplo, que tampouco adoitan estar á vista do cliente á beira das versións en castelán).

2.- Prensa: A literatura galega nos xornais de meirande tirada aparece (se é o caso) cara ao final, no lugar que deixan libre as esquelas (máis mortos menos libros e vice versa). Iso son as páxinas de cultura. Para a prensa do país é máis importante o nacemento dunha tenreira de cinco patas e tetos dobres que a edición dunha novela de gran calidade literaria.

3.-Televisión: Os programas de libros divúlganse a horas intempestivas (O programa dedicado ao meu Libro das alquimias en marzo de 2008 emitiuse un luns á unha e media da mañá. Audiencia potencial: sonámbulos varios e zapeadores desesperados).

4.-Público (non concienciado nin militante da causa): Cando sae o libro en castelán?

5.-Proxección internacional: 0 (cero) (menos que o viño albariño e os mexilóns)

6.-Profesonalidade: Os libros galegos (fóra de dous ou tres afortunados) están escritos no tempo de lecer dos seus autores. A profesionalidade do autor é unha entelequia imposíbel de acadar no noso sistema literario.
Que sorte tivo a J.K.Rowling de escribir os Harry Potter en inglés!
Por certo, que veña un grolo pola Rowling!
Comentarios (5) - Categoría: De literatura - Publicado o 10-02-2009 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Xesus:
A aceptación dos libros en galego ,creo humildemente,que lle levará un bon treito recorrelo,a extigmitación do galego foi moi grande a longo do franquismo socioloxico.por iso eu creo que a idea dos Club de Lectura en galego e moi importante,sinto unha gran lidici#blgtk08#a asistir aos club ,a leer todo en galego.Falta moita pedadoxia a contra corrente pra que non ocuura o que ti mesmo explicas moi ben.

(.-Público (non concienciado nin militante da causa): Cando sae o libro en castelán?)
Apertas agarimosas.

Comentario por Xose Cerdeira (10-02-2009 15:01)
2 Pois non te digo nada en Barcelona (e no resto de España, supoño) que é mais fácil atopar libros en chinés ou en ruso. E non será por fal#blgtk08#ta de galegos... Coido que non hai nin unha soa librería 'normal' que teña libros en galego, menos mal que existe a librería Sargadelos.
Comentario por Blanca (10-02-2009 16:39)
3 Tes razón, Blanca. Nunca me parara a pensalo. Realmente é vergoñento que non existan libros en galego á venda en lugares onde hai tantos galegos. É máis doado atopar lacón e grelos que literatura! Un libro n#blgtk08#on se come, claro.
No tocante aos clubes de lectura, Xosé, parécenme unha idea magnífica, polo que teñen de intercambio de opinións/ideas e moitas veces de punto de encontro entre escritor e lectores.
Comentario por xesusconstela (10-02-2009 19:35)
4 Eu agradezo a Internet a posibilidade que me brinda de comprar os libros en galego a distancia. É a única maneira, ou senón pedirllos á familia. Os grelos atopeinos enlatados unha vez nunha tenda de Lleida. Pouco que ver cos que como cando vou alá...
Os seis puntos, Xesús, son a descripción perfecta da situación actual. De feito, as editoriais galegas tampouco#blgtk08# se atreven a publicar best-sellers casteláns traducidos ao galego. Estou segura de que se a situación non fose a que describes non rexeitarían proxectos dese tipo. É o caso de Catalunya, onde publican as obras nas dúas linguas sen problemas nas ventas, sen arriscar. Unha mágoa. Espero que pouco a pouco o galego teña a mesma sorte có catalán neste e noutros aspectos.
Comentario por Eva Lozano (11-02-2009 00:52)
5 Teño a esperanza de que as cousas melloren. Ademais considérome corredor de fondo.
A edición en galego mellorou unha barbaridade nos últimos anos e segue a facelo.
Falla a internacionalización d#blgtk08#a mesma. É o gran traballo pendente. E niso terán algo que dicir, supoño, tanto as institucións coma as editoriais.
ás veces os galegos somos bastante autocompracentes. Quedan moitos pasos por camiñar.
Comentario por xesusconstela (11-02-2009 12:27)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0