Blog do escritor
Xesús Constela

www.xesusconstela.com

info@xesusconstela.com
 CATEGORÍAS
 CUARTO DOS TRASTES
 SALA PARA VISITAS
 SALA DAS PROCURAS
 SALA DOS BLOGS GALEGOS
 NO FAIADO
 ANTERIORES

Da presentación de Shakespeare destilado en Rianxo
Onte Rianxo era un mar de chuvias.
Chuvia pola auga que caía a caldeiros á miña chegada á vila.
Chuvia de amizade no auditorio mentres presentabamos a novela ante un público verdadeiramente acolledor.
Un amigo: Víctor Freixanes e outro amigo: Antón Riveiro Coello.
Víctor é un verdadeiro artesán da palabra. Remodela o discurso unha e outra vez e sabe transmitir o que quere. Sempre son de agardecer as cousas que di de un!
Antón é unha persoa boa mírese por onde se mire, ademais dun escritor que goza de toda a miña admiración. Que dous bos compoñentes para crear un gran personaxe!
Con eles dous todo tiña que ir como foi: rodado.
Na presentación tocaron catro rapaces rianxeiros: piano, marimba e trompetas. Un luxazo para os oídos.
O auditorio de Rianxo, que ten coma un mes de andaina, é un deses edificios que de seguro que vai dar unha máis que interesante vida cultural á vila. Por certo, que a escultura que hai na parte de atrás, feita segundo boceto de Isaac Díaz pardo, é unha marabilla.
Aínda que quen vai levar o máis grande agradecemento pola miña parte é a Asociación Cultural Barbantia, de quen admiro, de verdade, o seu traballo.
Tiven o grande placer de cear con algúns dos seus socios nunha desas ceas onde se esquecen os reloxos e non se para de falar. Outro luxo!
Longa vida a Barbantia!
Comentarios (5) - Categoría: Dos meus libros - Publicado o 31-01-2009 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Sorte merecida, Xesús, a de gozar dunha presentación tan marabillosa, cuns amigos tan especiais. A mú#blgtk08#sica e as palabras rodeando a túa obra que xa é todo un éxito e seguirá a medrar sen parar. Parabéns.
Comentario por Eva Lozano (01-02-2009 16:23)
2 Por certo, xa me chegou o exemplar que encarguei a Galaxia. Estou emocionada... Outra cousa: a miña familia tamén é ferrolana. Eu xa nacín en Vigo, onde se trasladaron cando a miña nai era pequena, pero a familia materna quedou por alá, sobre todo en Pontedeume, onde pasei tan#blgtk08#tos veráns. Somos os Carpente (son Eva Lozano Carpente), ¿coñeces a algún? Pode que coñezas ao meu tío Nardo, que tamén anda no mundo das letras e do ensino, ou ao meu tío Manolo, que ten unha librería en Ferrol, non sei, ás veces atopámonos co que o mundo é un "pano de man".
Comentario por Eva Lozano (01-02-2009 16:48)
3 Grazas mil, Eva. Só agardo que o pases ben coa lectura. Polo menos a metade do ben que o pasei eu escribíndoo, que xa será moito.
Carpentes non coñezo ningún de Ferrol así e#blgtk08#n principio.
Fíxate ti. Pontedeume.
Vaia unha aventura cruzar a pé aquela ponte do ferrocarril!
Tes razón. O mundo é máis pequeno do que parece. Bastante máis.
Comentario por xesusconstela (01-02-2009 17:53)
4 Moitas grazas por contarnos a súa visita a Rianxo. Vexo que o pasaches ben, e que foi exitosa a presentación. Lémbrame a presentación do Libro das alquimias en Pontevedra, que foi unha auténtica festa. Felicitacións.
Vexo que tes unha sala de mú#blgtk08#sica que me gusta visitar pero que non actualizas moito. Cando escribiches o Shakespeare tiñas algunha banda sonora que te acompañase? Poderías deixar na sala de música algúns temas para nós? Agradeceríacho. Creo que cho agradeceríamos todxs.
Comentario por ganpati (02-02-2009 20:48)
5 A dicir verdade non lembro ningunha música concreta que identifique co Shakespeare destilado, ganpati.
Na sala de música a miña intención é ir colgando un tema cada sem#blgtk08#ana. farei desta volta unha excepción e colgarei agora mesmo un especialmente para ti.
A presentación do Libro das alquimias, por certo, foi unha gran festa. Si señor.
Comentario por xesusconstela (03-02-2009 21:12)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0